Skip to Content

Alumnado de 1º Bacharelato no CIF de Lourizán, Pontevedra

Alumnado 1º Bacharelato no CIF Lourizán, Pontevedra

Alumnado de 1º Bacharelato realizou unha visita didáctica ao Centro de Investigación Forestal e Formación Agroforestal de Lourizán o luns 29 de abril. Acompañados do profesorado Loli Omil, Beatriz LLoret e Mario Sosa, coñeceron nunha visita guiada a este espazo onde souberon que o Tratado de París (1898) negocióuse na gran mesa de pedra do Pazo de Montero Ríos.  

No paseo polo arboredo puideron admirar árbores senlleiras como a Sophora japonica, o Cedrus atlantica, a Sequoia sempervirens…entre outras, enclavadas  nun entorno de beleza extraordinaria. Tamén lles ensinaron dúas especies de árbores coñecidas como fósiles antes que se atoparan na natureza: a Metasequoia glyptostroboides e a Wollemia nobilis. O profesorado e monitores do Centro de Formación contáronlles as experiencias na recuperación do bosque autóctono a partir dun eucaliptal. Tamén viron a maquinaria coa que o alumnado aprende: a hidro-sementeira, o viveiro de prácticas, con numerosas arboriñas procedentes de semente, a parcela de produción de plantas aromáticas e a experimentación que están a facer este curso coa posta en marcha do cultivo de cogumelos (Pleurotus ostreatus e Lentinula edodes) en troncos de árbores cortadas. 

Unha proveitosa xornada que se completou cun paseo pola fermosa cidade de Pontevedra. A actividade foi organizada polo departamento de Tecnoloxía.



page | by Dr. Radut