Skip to Content

Ciclo Superior de Construcións Metálicas

Que se aprende a facer?

Deseñar produtos de caldeiraría, estruturas metálicas e instalacións de tubaxe industrial, e planificar, programar e controlar a súa produción, partindo da documentación do proceso e as especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e protección ambiental. Neste vídeo tés unha mostra de todo o proceso para a realización dunha maqueta da estrutura metálica dunha nave industrial, do deseño até a montaxe incluíndo a impresión en 3D:

Neste outro vídeo mostramos unha práctica de corte con plasma:


 
En que ámbitos se traballa?

En industrias dedicadas á fabricación de grandes depósitos, caldeiraría grosa e tubaxe industrial, talleres mecánicos, construción de carrozarías, remolques e caixas abatibles, construción e reparación naval, instalacións petroquímicas, material de transporte, montaxe e reparación de construcións metálicas, no ámbito da produción de construcións metálicas encadradas no sector industrial.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en construción mecánica. Encargado/a de fabricación en construcións metálicas. Encargado/a de montadores en construcións metálicas. Delineante proxectista de caldeiraría e estruturas metálicas. Técnico/a en deseño asistido por computador (CAD) de caldeiraría e estruturas metálicas. Deseñador/ora técnico/a de caldeiraría e estruturas. Programador/ora de sistemas automatizados en fabricación mecánica. Programador/ora da produción en fabricación mecánica. Técnico/a en desenvolvemento de tubaxes. Xefe/a de taller en construcións metálicas e montaxe.

Como podo ampliar a miña formación?
O IES de Valga asinou convenios con centros de Polonia e de Malta onde o noso alumnado realizou prácticas no marco do Programa Erasmus. Na actualidade estamos a traballar para conseguir acordos en Francia para o próximo curso.

En que empresas me podo formar?
O IES de Valga ten acordos con empresas punteiras no sector como Gama e Hijos, Lema, Sometal, Rías Bajas, Fundivisa, Barton Maquinaria, Gamelsa, Ausavil, ODL ou Stacsa.

Que posibilidades teño de encontrar traballo ao acabar os estudos?

Máis de 80% do alumnado conseguiu un contrato de traballo despois de obter a titulación.

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional   Horas Períodos semanais
MP0162 Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica   160 6
MP0245 Representación gráfica en fabricación mecánica   213 8
MP0246 Deseño de construcións metálicas   267 10
MP0248 Procesos de mecanizado, corte e conformación en construcións metálicas   213 8
MP0251 Formación e orientación laboral   107 4
MP0163 Programación da produción   140 8
MP0165 Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental   105 6
MP0247 Definición de procesos de construcións metálicas   140 8
MP0249 Procesos de unión e montaxe en construcións metálicas   192 11
MP0250 Proxecto de construcións metálicas   26  
MP0252 Empresa e iniciativa emprendedora   53 3
MP0253 Formación en centros de traballo   384  



page | by Dr. Radut