Skip to Content

Alumnado de 4º ESO asiste á obra de teatro "La casa de Bernarda Alba" en Vilagarcía

la casa de Bernarda Alba  O pasado 30 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO tiveron a oportunidade de ver unha adaptación desta obra de Lorca no auditorio de Vilagarcía, actividade organizada polo Departamento de Lengua castellana y Literatura. A traxedia, escrita en 1936,  permitiu ao alumnado ver e respirar o ambiente opresivo dunha sociedade intolerante que obrigaba á muller a sufrir un loito cruel e atenazante e a reprimir os seus desexos máis humanos. O amor  frustrado, a envexa, a loita pola liberdade e a morte mestúranse neste drama de mulleres nos pobos de España, como a subtitulou o seu autor. A linguaxe poética acentúa a expresividade do texto e eleva a simbólicos varios elementos da escenografía ou do atrezzo: a vara de mando de Bernarda, o abano de cor da filla rebelde…
Ao rematar a representación, o alumnado puideron establecer un coloquio coas actrices, quen suliñaron a triste actualidade que conserva a obra en canto a temas como o clasismo, o machismo, a ocultación das pasións ou a importancia das apariencias.

 
   


page | by Dr. Radut