Skip to Content

Alumnado de 2º ESO visita o parque eólico de Sotavento

 Alumnado de 2º ESO visita o parque eólico de Sotavento           

O luns 28 de xaneiro, o alumnado de 2º ESO visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento ubicado na Serra da Loba entre os términos municipais de  Xermade (Lugo), e Monfero (A Coruña). Alí tiveron oportunidade de coñecer máis a fondo os temas de enerxías renovables e a eficiencia enerxética. Para completar a visita achegáronse á localidade de As Pontes onde puideron coñecer o seu lago artificial de 5 quilómetro de longo e máis de 200 metros de profundidade. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química.

Alumnado de 2º ESO visita o parque eólico de Sotavento

 

 
   


page | by Dr. Radut