A "Rede Municipal de Convivencia" organiza unha nova actividade o xoves 15 de marzo, ás 20:00 horas. Co título "Acoso escolar" terá lugar, na Aula de Audiovisuais do IES Valga, unha charla-coloquio coa participación do responsable da Garda Civil da Comandancia de O Grove. Será unha nova oportunidade de fomentar unha maior coordinación e interrrelación entre os centros participantes e as familias nesta rede de convivencia. Convidamos a todos a asistir a esta actividade. Lembrar que a "Rede Municipal de Convivencia de Valga" é unha organización da que forman parte o IES de Valga, a ANPA "Bella Otero", o CEIP de Baño-Xanza e a ANPA, o CEIP "Xesús Ferro Couselo" e a súa ANPA ademais dos Servizos Sociais do Concello de Valga. |
|