O xoves 22 de febreiro, tivo lugar na Aula de Audiovisuais do noso Centro unha charla a cargo da profesora Carmen Loureiro López "Resolución de conflitos no ámbito familiar e aspectos emocionais", organizada pola recentemente constituída "Rede Municipal de Convivencia". Desta organización forman parte o IES de Valga, a ANPA "Bella Otero", o CEIP de Baño-Xanza e a ANPA, o CEIP "Xesús Ferro Couselo" e a súa ANPA, ademais dos Servizos Sociais do Concello de Valga. Picando aquí podes acceder aos contidos máis destacados da conferencia. |
|