Skip to Content

Libros de texto 2024-2025

Libros texto 24/25Pode acceder á listaxe de libros de texto do IES Plurilingüe de Valga para o curso 2024-2025 premendo na imaxe ou abrindo o ficheiro.

Calendario de exames oficiais de FP DUAL. Setembro 2024

AS NOTAS  DA 3ª AVALIACIÓN HABERÁ QUE RECOLLERLAS EN PAPEL NO CENTRO O DÍA 4-9-2024. Non hai posibilidade en ABALAR.

Os alumnos que teñan que recuperar, terán que asistir aos exames que marca a táboa.

Os alumnos deberán de traer material de aula e de taller necesario para facer as probas.

Avaliación final será o 9-9-2024. Esas notas tamén haberá que recollelas no centro o 10-9-2024. 

O EDLG presentou a campaña “Eu son do equipo”

Presentación da campaña "Eu son do Equipo" do EDLG

O pasado xoves 20 de xuño o EDLG despediu o curso 2023/24 e presentou a campañaEu son do equipo”. Fixo unha xuntanza co alumnado máis activo e implicado coas actividades do instituto. O obxectivo é crear un equipo de voluntariado que espalle, difunda e conte da mellor maneira o que nos importa en temas de Lingua, Igualdade, Convivencia... O profesorado presente na reunión explicoulles en que consistiría o equipo e como podían contribuír coa súa participación. Tamén  houbo sorpresa...unha marabillosa merendola. A próxima cita do EDLG xa será no comezo do curso 2024/25…en setembro cunha variedade de actividades!

O EDLG desexa un bo verán a toda a comunidade educativa!!!

Alumnado de Música e o Coro do IES actúa no CPI de Pontecesures

Alumnado de Música no CPI de Pontecesures

O alumnado de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato xunto o Coro do noso centro actuou no CPI de Pontecesures, nunha actividade conxunta co departamento de Música dese colexio. Foi na mañá do xoves 20 de xuño e o alumnado foi acompañado polo profesorado Ismael Cabaleiro, Avel Turnes e Nieves Gómez.

Coro do IES actuando no CPI de Pontecesures

Alumnado de 3º ESO de Educación Dixital e Cultura Clásica realizou un proxecto de podcast

O alumnado de Educación Dixital e Cultura Clásica de 3º ESO elaborou un podcast destinado a ser distribuído nas RRSS e na páxina Web do IES de Valga.
O alumnado de Cultura Clásica foi quen decidiu o mito que ían tratar no podcast, Eco e Narciso. Así mesmo elaborou o guión e conformou maioritariamente o grupo de locución, participando tamén na fase técnica da creación do podcast escollendo parte da música e editando dixitalmente distintas partes da locución. Pola súa banda, o alumnado de Educación Dixital, non só participou na elaboración técnica do podcast, na edición do audio e da música ambiente, senón que tamén contribuíu na locución da historia do famoso mito.
Trátase dunha colaboración, como explican os profesores Diego Botana e Raúl Gómez, que pretenden  levar a cabo, se é posible, o próximo curso 2024-25, ampliándoa a todo o periodo lectivo anual, desenvolvendo máis mitos e conectando desta maneira o mundo clásico co mundo tecnolóxico máis actual. “Poidera ser que este proxecto acabe nun ABP, é dicir, nunha Aprendizaxe integral baseada nun proxecto no que “a colaboración e o desenvolvemento activo do alumnado sexa o motor da aprendixaxe”, coinciden os dous profesores.
O podcast, resultado desta integración de dúas materias aparentemente incompatibles e tan diferentes, poderá ser escoitado unha vez que estea a disposición do público xeral na propia Web do IES e no Instagram e no Facebook do IES de Valga.

Distribuir contido


by Dr. Radut