portada30

Instalación efémera do Grupo de Igualdade creada con motivo do Mes do Orgullo

Instalación efémera do Grupo de Igualdade creada con motivo do Mes do Orgullo.
Este é o último traballo feito con este fantástico grupo, con quen foi un pracer traballar. Alumnado moi traballador e comprometido!
Grazas a Sabela Abalo polas fotografías.
 

Novas "adquisicións" do IES de Sar.

Novas "adquisicións" do IES de Sar. Xa podedes desfrutar nos corredores e escaleiras do centro dos carteis gañadores do Certame de Cartelismo 30 Aniversario e dun collage de gran formato elaborado polo alumnado de Proxectos Artísticos con Montse Amigo.
E novos traballos en proceso...
 

Admisión a ciclos medios e superiores de formación profesional curso 24-25

O pasado venres a Consellería publicou o calendario de admisión para ciclos de FP de grao medio e superior para o vindeiro curso 2024-25

INSTRUCIÓNS XERAIS DE ADMISIÓN: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10715

CALENDARIO: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10716

ENLACE Á APLICACIÓN PARA FACER A SOLICITUDE (ACTIVA SÓ DURANTE O PRAZO DE ADMISIÓN): https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

Máis información en www.edu.xunta.gal/fp

A oferta de ciclos está aínda sen publicar. Será incluído o enlace á oferta cando estea dispoñible.

 

Caligramas nas clases de Lingua Castelá e Literatura, coa temática traballada dos Mitos do Amor Romántico

O alumnado de 3° ESO elaborou caligramas nas clases de Lingua Castelá e Literatura, coa temática traballada dos Mitos do Amor Romántico.

 

 

 

Link traballos.

Novo recoñecemento para a nosa alumna Alba Graña Rodríguez

Novo recoñecemento para a nosa alumna Alba Graña Rodríguez, que desta volta vén de recibir o primeiro premio na IX Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos na modalidade de grego.
Moitos parabéns para ela e para o seu profesor de Grego, José Manuel Blanco Roo, catedrático desta disciplina no IES de Sar e xa único docente que leva no noso centro desde a súa inauguración en 1994.
 
 

As profesoras que impartiron as materias artísticas na ESO (Educación Plástica Visual e Audiovisual de 1º e 3º, e Expresión Artística de 4º), montaron unha pequena exposición dos mellores traballos

As profesoras que impartiron as materias artísticas na ESO (Educación Plástica Visual e Audiovisual de 1º e 3º, e Expresión Artística de 4º), montaron unha pequena exposición dos mellores traballos do seu alumnado este curso. Atópase na planta baixa do instituto e en cada lateral exponse un nivel diferente.
Na zona amarela temos traballos de 1º da ESO, onde se poden ver exercicios sobre os “Elementos configuradores da linguaxe visual” (o punto, a liña, o plano, a cor e a textura).
Na entrdaa ao salón de actos temos os traballos de 3º ESO, que están relacionados cos “Graos de iconicidade” (realismo, figuración e abstracción) e co emprego de diferentes técnicas gráfico-plásticas (lápiz, rotulador, témperas).
Na zona azul atópanse os traballos de 4º ESO, os máis complexos e variados, relacionados coas diferentes temáticas impartidas no curso: “Puntillismo, ilusións ópticas, estampación, cómic e colaxe”.
As fotografías son das profesoras Susana Rodríguez Alemparte e Sonia Dopazo.
 
 

O departamento de Bioloxía traballou en equipo para facer a análise bacteriolóxica das augas das fontes do Sar

Hoxe o departamento de Bioloxía traballou en equipo para facer a análise bacteriolóxica das augas das fontes do Sar. Para isto contou coa visita dun profesor recén xubilado, Leopoldo Bahíllo. As fontes estudadas son:
San Brais (na colexiata), Fidalgos,
Picaños, Santasm Mariñas e a dos Capitáns.
1°da ESO fixo a recollida e 1° de Bacharelato as análises.
 
 

Proxecto de vida activa e deportiva (PVAD

Este curso, o noso centro puxo en marcha un Proxecto de vida activa e deportiva (PVAD) para loitar contra o sedentarismo e a inactividad física, buscando o incremento da práctica de actividades físicas.
O alumnado de 1° de Bacharelato E foi andando ata Belvìs, como bos peripatéticos que son (así se fan chamar), para practicar a lectura na sesión de clase que tiveron de Lingua castelá e literatura.
Grazas a Zoraida Barral Rodríguez pola iniciativa e polas fotografías. A primeira que compartimos vale para unha boa campaña da lectura!
 

Traballos realizados na materia de Bioloxía e Xeoloxía polo alumnado de 3º da ESO sobre métodos anticonceptivos e enfermidades de transmisión sexual

Traballos realizados na materia de Bioloxía e Xeoloxía polo alumnado de 3º da ESO sobre métodos anticonceptivos e enfermidades de transmisión sexual.

 

 

 

 

Link dos traballos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer