portada30

Información das eleccións

Presentación de candidaturas para as eleccións ao Consello Escolar

Desde o 11 de novembro ata o 18 de novembro está aberto o prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. Pódese descargar o impreso desde aquí  e entregar cuberto e asinado na secretaría do centro.

Información Xeral do proceso

 

Cada dous anos procédese ás eleccións aos consellos escolares e normalmente coincide en anos pares polo que ao longo do mes de novembro procederemos a tal efecto. (incorporaranse os documentos relacionados a medidas que se vaian celebrando os distintos items 

 

  • Sorteo dos membros titulares e suplentes da xunta electoral.

Celebrouse o 2 de novembro ás 12:30 horas na dirección do Centro.

 Acta do sorteo dos membros da xunta electoral.

  • Constitución da Xunta electoral

Celebrouse o 7 de novembro ás 12:30 horas na dirección do centro

Acta de constitución da xunta electoral.

  • Calendario electoral.

Acceso ao mesmo.

Datas importantes:

Do 11 ao 18 de novembro, de 9 a 14 horas --> Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na secretaría do centro.

Do 24 ao 28 de novembro --> campaña electoral.

29 de novembro --> votacións para elexir os representates do sector das nais/pais e do sector alumnado e sector PAS.

29 de novembro--> votacións para  elexir os representante do sector do profesorado

1 de decembro--> Proclamación das candidaturas elexidas

12 de decembro-->Constitución do novo Consello Escolar

  • Censo de votantes

Por mor da lei de protección de datos ,o censo dos distintos sectores  poderá consultarse nos taboeiros que están no centro (consultar dende o 11 de novembro).

  • Publicación provisional de candidatos pola xunta electoral

21 de novembro,  proclamación e publicación  da lista provisional dos distintos candidatos/as.

22 e 23 de novembro período de reclamacións á proclamación das candidaturas

  • Proclamación definitiva de candidatos pola xunta electoral

(Sen actualizar)Acta da terceira reunión da xunta electoral, na que se proclaman de forma definitiva os distintos candidatos/as

  • Publicación definitiva de candidaturas elexidadas e suplentes

(Sen actualizar)Acta da cuarta reunión da xunta electoral, na que se publican de forma definitiva as candidaturas elexidas e suplentes

  • Compoñentes do consello escolar no noso centro :

Membros natos:

3 (Dirección, xefatura de estudos e secretaría)

Membros elixibles:

7 representantes do profesorado.

A renovar 1 nesta convocatoria máis suplentes.

3 representantes dos responsables do alumnado.

A renovar 1 nesta convocatoria máis suplentes.

3 representantes do alumnado.

A renovar 1 nesta convocatoria máis suplentes.

1 representante do persoal de administración e servizos.

A renovar 1  nesta convocatoria.

Membros designados:

1 representante das persoas responsables de alumnado designado pola ANPA.

1 representante do Concello, proposto polo mesmo.

Animamos á toda a comunidade educativa a que participe nas mesmas xa que o consello escolar é o órgano de maior representación e é unha moi boa maneira de contribuír a un mellor funcionamento do ensino público.

 

  • Normativa:

Resolución do 19 de setembro de 2022

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88).

Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer