portada30

Economía

Xornadas do Diálogo e da Concordia

O alumnado de 1º de Bacharelato E asistiu a unha mesa redonda dentro das Xornadas do Diálogo e da Concordia organizadas polo Casino de Santiago.

Foi no Auditorio de Abanca e contou con personalidades como Ángel Gabilondo, Antón Costas, Caetano Díaz e Rui Rio.

Nela o noso alumnado puido asistir a un interesante coloquio onde se relacionou o fomento do diálogo, a concordia e a fraternidade coa situación que actualmente se está a vivir en Europa e outras partes do mundo.

Programación do departamento de Economía curso 20-21

No seguinte enlace poderá consultar a programación do departamento para o curso 20-21

NOVAS MATERIAS OFERTADAS: Introdución á Xeopolítica Contemporánea (1º BACH) e Xeopolítica Contemporánea (2º BACH)

  Para o vindeiro curso 2020-21 vanse ofertar ao alumnado de Bacharelato dúas novas materias de libre configuración, dunha sesión semanal:

- en 1º bach, Introdución á Xeopolítica Contemporánea

- en 2º bach, Xeopolítica Contemporánea

Trátase dunha materia eminentemente práctica, que busca contribuír a que o alumnado, a partir de textos e material audiovisual, adquira unha mellor comprensión dos feitos relevantes da actualidade e desenvolva o sentido crítico.

A Xeopolítica estuda como o territorio condiciona as decisións do goberno dun país ou dunha zona de integración rexional e trata de explicar as relacións de poder entre rexións.

LIBROS OBRIGATORIOS PARA O CURSO 2020-21

   Os libros de texto obrigatorios para o curso 2020-21 do dpto. de Economía son os seguintes:

4º ESO: Mantense o do curso anterior, que é "Economía", da editorial McGraw-Hill (autor: Anxo Penalonga Sweers). O ISBN cambiou porque hai unha nova edición dese libro, pero os contidos apenas varían. Se o alumnado xa dispón do libro na versión anterior, que era de 2016 (ISBN 978-84-486-0953-5), non necesita adquirir o novo. En caso de non telo, o ISBN da nova edición é  978-84-486-1858-2. (ano 2020). 

1º bacharelato: "Economía", da serie Analiza da editorial Santillana (proxecto Saber Hacer). Anteriormente non había libro obrigatorio.  ISBN:  9788468013367  (ano 2015)

2º bacharelato: "Economía de la empresa", da serie Analiza da editorial Santillana (proxecto Saber Hacer). Anteriormente non había libro obrigatorio.  ISBN:  9788468033204  (ano 2016)

Adaptación da programación do departamento de Economía

 

Pode consultar a programación adaptada de Economía de 4º ESO premendo aquí.

Pode consultar a programación adaptada de Economía de 1º bacharelato aquí.

Pode consultar a programación adaptada de Economía da empresa (2º bacharelato) aquí.

Obradoiros Fundación Mapfre

O vindeiro venres 30 de novembro o alumnado de Economía  asistará no salón de actos do instituto a un obradoiro da Fundación Mapfre nas seguintes horas:

  • 2º ESO                     09:40 a 10:50 horas
  • 4ºESO e  1º Bach     10:50 a 12:00 horas

Xornadas de Emprendemento

O vindeiro venres 23 de novembro dende as 9:30 -12:00 horas  o alumnado de Economía de 2ª ESO A e B irán o Polígono do Tambre para participar nas Xornadas de Emprendemento.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer