portada30

Normalización Lingüística

Celebración Día das Letras Galegas

O vindeiro martes 8 de maio de 9:40 a 10:30 horas haberá unha conferencia "María Victoria Moreno: unha historia de amor" impartida por Serafín Marcos, organizada polo Equipo  de Dinamización Lingüistica

                            

 

Palabras e Amor

Co gallo do 14 de Febreiro o Equipo de Dinamización Lingúística propón a actividade  "Palabras e Amor" utilizando un código QR

 Para máis información ampliar a imaxen premendo sobre ela

 

"Día Internacional da Non Violencia contra a Muller"

O Equipo de Dinamización Lingüística levou a celebración do "Día Internacional da Non Violencia contra a Muller" ás aulas e espazos do noso centro a través de actividades e pegadas de carteis relativos a esta conmemoriación. Cada ano, o 25 de novembro, celébrase este Día para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

 

DíaInternacional da non violencia contra as mulleres

Conferencia no Día da Ciencia en galego

O día 3 de novembro , co gallo da celebración do "Día da Ciencia en galego" terá lugar no Salón de Actos do instituto a conferencia: "Loitando contra o glaucoma, unha ameaza silecenciosa para a nosa visión", impartida por Nery García Porta, Doutora en Ciencias da Visión (USC) e Marie Curie Fellow na Anglia Ruskin University-Cambridge (UK).

Está organizada polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Dinamización Lingüística

 

 

"Contas en Galego"

Desde o Dpto de Dinamización Lingüística e o Dpto de Física e Químca comezamos o curso facendo as "contas en galego". Tamén queremos dar a coñecer a homenaxe a Baltasar Merino no VIII Día da Ciencia en Galicia (2017)
 

 
 

 

 

Celebración das Letras Galegas 2017

 

 

Conferencia sobre Carlos Casares

No Salón de Actos do instituto o  9 de maio tivo lugar unha charla sobre a vida e obra de Carlos Casares impartida por Serafín Marcos para o alumnado de 1º Bacharelato e alumnado de 4º ESO. 

 

 

 

 

 

                                 

CORRELINGUA 2017

O vindeiro luns 8 de maio o alumnado de 1º ESO e 2º ESO asistirán en Santiago o CORRELINGUA 2017. Sairán as 10: 15 horas.

Actividades Equipo de Normalización

Durante o mes de Febreiro o Equipo de Dinamización Lingüística sumouse a  diferentes celebracións.

  • Día da Muller e a Nena na Ciencia

  • Inicio do Ano Pondal

  • Día do 180 aniversario do nacemento de Rosalía

  • Día dos namorados

  • Día da Paz

Conferencia "Cruz Gallástegui: as orixes da xenética en Galicia"

O vindeiro venres 2 de decembro de 11:40 a 12:30 os departamentos de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Dinamización Lingüística,  organizan para os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO , 1º Bacharelato C e 2º Bacharelato C, unha conferencia "Cruz de Gallastégui: as orixes da xenática en Galicia" impartida por D. Juan R. Gallástegui, profesor de ensino secundario e profesor asociado USC.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer