portada30

Novas

Concurso "Fotografía pola igualdade"

Este ano o concurso de fotografía ímolo facer dende a FANPA COMPOSTELA e coa colaboración da Comisión de Igualdade, como un xeito de apoiar as mobilizacións do 8 de marzo próximo, e de achegar  algo positivo na loita a favor da igualdade.  Queremos facer fincapé na necesidade do respeto e do traballo a prol da igualdade de todas nós.

 
Precisamos que sexa un éxito, e non precisamente para sentirnos existosas, senón para que as nosas fillas e fillos miren ao exterior tentando ver o mundo - e fotografalo- coa peneira da igualdade nos seus ollos; non imos pretender que con iso cambiaremos o mundo, pero pode ser unha pedriña máis na súa educación en positivo. 
 
As fotos poderán presentarse ata o 22 de febreiro ás 24:00h
 
Agradecemos a vosa colaboración.
 
Para ver toda a información, premer sobre a imaxe
 

Actividades Anpa

Dende a Anpa de Sar imos organizar unhas actividades para este trimestre.  Tanto a de Pilates como a de Mecanografía e Ofimática están dirixidas a pais/nais/titores legais e alumnos/as.

Na folla de inscripción hai un erro:  as inscripcións recolleránse ata o 25 de xaneiro e as actividades, das que se formen grupo, comenzarán no mes de febreiro (mércores, 6 de febrero).

Folla de inscripción

A Directiva da ANPA de Sar

Banco de libros da ANPA do IES de Sar

Para poder devolver os libros da ANPA ou facer donación de libros será mañá venres 22 de 17h a 19h.
 

 

A Directiva da ANPA de Sar

Obradoiros da Fundación Eugenio Granell

A Fundación Centro Galego da Artesanía e o Deseño en colaboración coa Fundación Museo Eugenio Granell achegará este verán a marca Artesanía de Galicia á cidadanía compostelá e ao numeroso público foráneo que visita Santiago de Compostela a través do proxecto Artesanía de Galicia (clic)

Convocatoria de fondos solidarios de libros de texto e axudas para material escolar (ORDE do 27 de abril de 2016)

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17. (clic)

EXTRACTO da Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17. (clic)

 

“As Novas Tecnoloxías: problemas do seu uso e estratexias de intervención no ámbito familiar". 12 abril 2016

Charla enmarcada dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativosque terá lugaro día 12 de abril ás 19 horas no salón de actos do centro.

Documento de xustificación de faltas do alumnado

Documento de xustificación de faltas do alumnado (fai clic aquí para descargalo).

Asamblea extraordinaria da ANPA e charla sobre sobre "Resolución de conflitos cos fillos adolescentes".

A Anpa convoca ós socios a unha asamblea extraordinaria para decidir a baixa na federación provincial de Anpas da Coruña e a alta na Federación Compostela de Anpas. Será o xoves 25 de abril ás 18.15 horas en primeira convocatoria e ás 18.45horas en segunda convocatoria"

 

A Anpa convídavos a unha charla sobre "Resolución de conflictos cos fillos adolescentes" impartida por especialistas do Diana Institute o xoves 25 de abril ás 19.30 horas no salón de actos do instituto

 

Calendario de eleccións ao Consello Escolar

Calendario de eleccións ao Consello Escolar, anuncio feito con data de 6 de novembro de 2012

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer