portada30

Extraescolares

Saída o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología(Muncyt) e o Aquarium Finisterrae do noso alumnado de 4º da ESO

O noso alumnado de 4º da ESO tivo a ocasión de coñecer dous dos centros científicos máis importantes da cidade da Coruña: o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (Muncyt) e o Aquarium Finisterrae.

Saída á Domus da Coruña de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato de Ciencias

O noso alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato de Ciencias tivo a sorte de facer unha saída á Domus da Coruña para coñecer o funcionamiento e a histoloxía cardíaco.

 

XIV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O venres pasado o noso alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencias e de 4º da ESO que cursa Física asistiu telematicamente á conferencia do Dr. Diego Martínez Santos titulada "A Física de partículas no século XXI", con motivo do XIV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.

 

Visita 2ºBacharelato de Ciencias ao CIQUS

O tempo tampouco impediu que o noso alumnado de 2° de Bacharelato de Ciencias visitase hoxe o Centro Singular de Investigación en Química Biologica y Materiales Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago.
Grazas a Mercedes Monteagudo e a Pamen García Romalde por acompañalo e polas fotos que fixeron da interesantísima visita.

Roteiro polo casco histórico

Hoxe o noso alumnado de 1° e 2° da ESO tivo ocasión de facer un roteiro polo casco histórico, e moi especialmente por Patio de Madres e Castrón Douro, para coñecer os espazos urbanos intervidos baixo a Estratexia Edusi da Unión Europea coa finalidade de facer das cidades espazos sostibles.
A iniciativa parte do Concello de Santiago para poñer en valor entre os escolares estas intervencións.
O día non acompañou, pero todos sabemos do encanto que ten tamén a nosa cidade os días de chuvia.
 

OBRADOIRO COMPIgual "A-BANEANDO AS VIOLENCIAS MACHISTAS"

O grupo de Igualadade "Caracois Reunides" do IES de Sar participa no proxecto COMPigual, de Educación en igualdade e programas para a prevención da violencia de xénero nos centros educativas"  impulsado pola Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela.

Mañá mércores ás 10:40 para  alumnado da ESO participando no:

"XOGO VIRTUAL “A-BANEANDO AS VIOLENCIAS MACHISTAS”:

compi

"Mulleres no laboratorio: as primeiras científicas na USC".

Na Biblioteca do instituto pódese visitar a exposición  " Mulleres no laboratorio:as primeiras  científicas da USC"

Visita o Castro de Viladonga e Murallas de Lugo

O vindeiro martes 7 de novembro os alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO visitarán o Castro de Viladonga e as Murallas de Lugo. Sairán ás 8:50 horas e voltarán as 18:30 horas aproximadamente.

Exposición "Soldados de Terracota"

O vindeiro 20 de dedembro do 2016 o alumnado de 4º ESO e  1º Bacharelato irán a Vigo a visitar a exposición Soldados de Terracota (Guerreros de Xian). Sairán ás 9:00 e voltarán as 14:30 horas.

Dita actividade está organizada polos departamentos de Relixión, Debuxo Técnico e Tecnoloxía 

Visita ás estacións Depuradora e Potabilizadora de auga de Santiago

Visita ás estacións Depuradora de augas residuais de Aríns e Potabilizadora de auga potable do Tambre de Santiago o vindeiro  luns 11 de abril de 2016, de 9:00 a 12:40 h. Nesta actividade participarán os grupos de 3º ESO, 4º ESO (só alumnado de Bioloxía e Xeoloxía) e Diver II, e 2º Bacharelato de Ciencias (só alumnado de Bioloxía e CTMA). Estarán acompañados polos profesores Leopoldo Bahillo Varela e Pablo Gómez Segade . Está organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer