Hoxe o noso alumnado de 1° e 2° da ESO tivo ocasión de facer un roteiro polo casco histórico, e moi especialmente por Patio de Madres e Castrón Douro, para coñecer os espazos urbanos intervidos baixo a Estratexia Edusi da Unión Europea coa finalidade de facer das cidades espazos sostibles.
A iniciativa parte do Concello de Santiago para poñer en valor entre os escolares estas intervencións.
O día non acompañou, pero todos sabemos do encanto que ten tamén a nosa cidade os días de chuvia.