portada30

Música

Programacións

Modificación da programación curso 21_22

No seguinte enlace poderá  consultar a modificación da programación do departamento para o curso 21_22 realizada para que se adapate a pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico

Programación do departamento de Música 20_21

No seguinte documento poderá consultar a programación do departamento de Música para o curso 20_21

Departamento de Música

  

Un ano máis o departamento de Música, da man de María Giménez, organizou este venres un obradoiro de ecopercusion.

Un ano máis o departamento de Música, da man de María Giménez, organizou este venres un obradoiro de ecopercusion impartido con materiais de refugallo.
Todo o alumnado de 2° da ESO tivo a sorte de participar.
 
 
 

O alumnado que cuRsa Música asistiu ao Auditorio de Galicia

Hoxe no Auditorio de Galicia, o alumnado que cuesa Música asistiu ao espectáculo Pleasure Island da Real Filharmonía de Galicia e as coreógrafas e intérpretes Ariadna Montfort e Estela Merlos.
Grazas a María Giménez por organizalo.
 

Celebrando a obra e a figura literarias de Rosalía.

Celebrando a obra e a figura literarias de Rosalía.
Grazas, Alma Susmano, Katerina Mélikhova e Iker Trillo por achegar o voso talento.
E, por suposto, grazas a Teresa Meixide Portos, María Giménez e Ana Rial por facelo posible.
Que faríamos no IES de Sar sen María Giménez, sempre disposta a achegar o seu talento musical para facer que loza a creatividade do noso alumnado!
 

Obradoiro de regueifa ofertado polo Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago.

 

Regueifa

Cada alumno compuso dúas coplas; cantaron e disfrutaron durante toda a actividade. Foi todo un éxito. 

50 anos de música galega no IES de Sar por O Leo de Matamá.

Día libro

 

O venres 23 de abril, os alumnos e alumnas de 4º da ESO, e de 1º e 2º de Bachillerato do IES de Sar tiveron a oportunidade de asistir a un recital poético-musical, a cargo do filólogo, poeta e cantautor punk O Leo de Matamá. O artista brindoulles un concerto que constitiu nun percorrido por medio século da música de Galicia, á vez que cantou unha exaltación de polo menos século e medio da poesía galega. Textos de poetas coma Manuel María ou Lois Pereiro nutriron un repertorio no que a obra “Longa noite de pedra” de Celso Emilio Ferreiro tivo un lugar moi destacado. Para o deleite de tódolos asistentes, varias pezas de “Sé mente de vencer”, o último traballo publicado pol' O Leo, foron agregadas ao espectáculo. 

 

COMEZAN AS XORNADAS MUSICAIS NO IES DE SAR: DÍA 22 TEMOS PERCUSIÓN COA EMPRESA ECOPERCUSIÓN.

Percusión

 O centro educativo composteláno ofrece os días 22, 23 e 26 de abril unha serie de actividades formativas co doble obxetivo de enriquecer o currículo artístico e cultural dos seus estudantes así como de promover un clima de expresión creativa e interdisciplinar.

O xoves 22 de abril abriu as xornadas cun obradoiro de percusión con material de refugallo impartido pola empresa Ecopercusión para 2º, 3º, e 4º da ESO.
Ao día seguinte, o 23 de abril, e con ocasión do día do libro, ofrécese un concerto d' O' Leo de Matamá, poeta e artista multidisciplinar que fará un recorrido por medio século da música galega.
E para finalizar, o luns 26 abril os alumnos de 1º e 2º da ESO asistirán a un obradoiro de regueifa ofertado polo Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer