O vindeiro venres 16 de novembro haberá unha Charla-Concerto sobre instrumentos tradicionais galegos a cargo do luthier e etnomusicólogo Pablo Carpintero. Esta actividade será no Salón de Actos do instituto de 10:50 a 12:30 horas e participarán todos os grupos de 2º,3º,4º ESO.
Os departamentos de Música e Lingua Galega organizan unha visita a Vigo para visitar a exposición “Pergamiño Vindel un tesouro en sete cantigas” que terá lugar a mañá do vindeiro mércores 7 de febreiro para o alumnado de 1 e 2 de Bacharelato ( só alumnado de Historia da Música e a Danza)
O alumnado de 1(só alumnado de O. Musical) e 2 ESO asistirá ao concerto didáctico "Todo é percusión" que terá lugar o vindeiro xoves 25 de xaneiro de 11:30 a 13:40 horas no Auditorio de Galicia.
O alumnado de 1º( só alumnado de O. musical) e 2º ESO participará no obradoiro didáctico "Todo é percusión" que terá lugar o vindeiro martes 23 de xaneiro de 17:40 a 18:30 horas no Salón de Actos do instituto.
O alumnado de 3º e 4º ESO asistirá ao concerto didáctico "As Lollypops" que terá lugar o vindeiro mércores 24 de xaneiro de 11:30 a 13:40 horas no Auditorio de Galicia.
O alumnado de 3º e 4º ESO participará no obradoiro didáctico "As Lollypops" que terá lugar o vindeiro luns 22 de xaneiro de 10:50 a 11:40 horas no Salón de Actos do instituto.
O departamento de música organiza unha visita á Ciudade da Cultura, onde verán a exposición "Da árbore á cadeira" o vindeiro mércores 16 de maio para o alumnado de 2º ESO dende ás 13:40 a 18:30 horas. Máis información aquí
O alumnado de música de 4º ESO e 1º Bacharelato asistirán o vindeiro mércores 15 de febreiro ó Auditorio de Galicia para asistir a un concerto didáctico "Gallaecia Big Band". Sairán ás 9:30 horas e voltarán ás 11:30 horas.
Previamente o martes 14 de febreiro no Salón de Actos do instituto asistirán de 11:40 a 12:30 horas á explicación didáctica do concerto.
O xoves 19 de Xaneiro de 10:30 a 12:30 horas os alumnos e alumnas de Música irán ao Auditorio a un concerto da Real Filharmonía de Galicia. Dita actividade está organizada polo departamento de Música
O xoves 24 de novembro de 10:30 a 12:30 horas, os alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO asistirán a un concerto da banda de Música de Santiago no Auditorio de Galicia. Esta actividade está organizada polo Departamento de Música
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer