As familias temos un papel fundamental na educación sexual das nosas fillas e fillos. Esta non é só previr embarazos nos desexados, a transmisión de enfermidades de transmisión xenital ou abusos sexuais. A educación sexual ten como obxetivo contribuir a que as persoas aprendan a coñecerse, a aceptarse e a expresar de maneira positiva a súa dimensión sexuada.
Para ofrecer algunhas ferramentas ás familias dende a Federación de ANPAS Compostela organizan un obradoiro en colaboración coa UMAD de 4h de duración, distribuidas en dúas sesións.
"ACOMPAÑAR DESDE A FAMILIA O DESENVOLVEMENTO AFECTIVO SEXUAL DOS/AS NOSOS/AS FILLOS/AS: INFANCIAS E ADOLESCENCIAS CONTEMPORANEAS"
CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA DA ANPA DO IES DE SAR
DÍA: Martes, 8 de febreiro do 2022
LUGAR: Telemáticamente – Aplicación Jitsi Meet
HORA: 19:30h en 1ª convocatoria / 20:00h en 2ª convocatoria
Como aínda está o Covid entre nós e para poder manter as distancias imos celebrar a Asemblea ordinaria da ANPA de forma telemática. Ao mesmo tempo, para as persoas que por distancia e/ou por distintos motivos non poderían asistir presencialmente é unha forma de poder facilitar á asistencia.
Agradecemos e nos gustaría poder contar coa vosa participación. Por iso pedimos que confirmedes a vosa asistencia ou a non asistencia a través do seguinte formulario
https://forms.gle/f4JiDYetrqcdTQBM7
O aforo do local é limitado, unha vez se chegue a 12 inscritos/as "presenciais", o resto de inscritas deberá necesariamente asistir vía online.
Un ano máis dende a ANPA de Sar organizamos o Banco de Libros grazas á colaboración das familias. Como sabedes, este curso na ESO vaise implantar E-dixgal polo que se facilitarán ordenadores ao alumnado e os outros libros esperade a que se inicie o curso e non merquedes ningún. Polo tanto, os libros que imos repartir agora son para BACHARELATO.
SOLICITUDE DE LIBROS:
PARA ENTRAR NO CENTRO SEGUE AS INSTRUCCIÓNS:
1. Non esquezas a túa mascarilla.
2. Mantén a distancia de seguridade.
3. Desinfecta as túas mans ao entrar ao centro e segue estrictamente as indicacións que atoparás na entrada do centro.
Moitas grazas por colaborar e facer posibel este traballo.
A Directiva da ANPA de Sar
Este venres 10 de setembro faremos a recollida de libros que foron prestados pola ANPA
DATA: venres, 10 de setembro
HORA: 17:00 a 19:00h
A Directiva da ANPA
Dende a ANPA de Sar convidámosvos a participar no 3º Concurso de Fotografías pola Igualdade. Este concurso ten como obxetivo que o alumnado de infantil, primaria, secundaria e bacharelato plasmen a través dunha fotografía como se ve a igualdade en calquera ámbito da vida e promover a reflexión. De igual xeito tamén poden participar familias.
As fotografías enviaránse en formato TIF, PNG ou JPEG de máxima calidade cun tamaño de 10MB ao correo electrónico: anpascompostela@gmail.com indicando os seguintes datos:
CONCURSO FOTOGRÁFICO POLA IGULADADE - FANPA COMPOSTELA 2021
Nome e apelidos
Nivel que está a cursar a crianza no curso 2020-2021, e centro escolar ao que pertence.
Título e breve texto explicativo da imaxe.
Enderezo electrónico e teléfono de contacto (do pai/nai/titor/titora legal no caso de Infantil e Primaria).
Enviará a foto que concurse como documento adxunto.
O prazo para presentar as fotografías será dende hoxe mesmo ate o 30 de abril do 2021 ás 24:00h
Nas dúas edicións pasadas o alumnado de Sar que participou sempre levou premio. Animádevos a que participen os vosos fillos e fillas e tamén as familias.
Moitas grazas.
A ANPA de Sar quere convidarvos a participar no faladoiro: "Desaprendendo a desigualdade para previr o bo trato" que terá lugar hoxe, xoves 26 de novembro ás 20:00h coa ponente Priscila Retamozo Ramos a través do seguinte enlace:
https://meet.jit.si/desaprendendodesigualdade
Tamén faremos a presentación da exposición de fotografías do 2º Concurso de Fotografías pola Igualdade onde se presentou alumnado do IES de SAR e obtiveron os seguintes premios:
2º PREMIO na etapa de secundaria para Sabela Taboada Codesido, e
3º PREMIO na etapa de Bacharelato para Sabela Rey Miguéns
PARABÉNS ÁS PREMIADAS
Dende a ANPA de Sar queremos informar que os/as que aínda non devolvestes os libros da ANPA do curso pasado podedes facelo ata o venres 4 de setembro ás 14h.
DEVOLUCIÓN DE LIBROS:
-- Entregar os libros nunha bolsa pechada
-- Indicar os datos do alumno/a, pai/nai/titor/titora legal, algún dato de contacto (teléfono e/ou mail) e os libros que doa e/ou devolve
SOLICITUDE DE LIBROS:
-- Cubrir o formulario a través do seguinte enlace:
-- O prazo para solicitar libros remata o venres ás 00:00h
PARA ENTRAR NO CENTRO SEGUE AS SEGUINTES INSTRUCCIÓNS:
1. Non esquezas a túa mascarilla
2. Mantén a distancia de seguridade
3. Desinfecta as túas mans ao entrar ao centro e sigue estrictamente as indicacións que atoparás na entrada
IMPORTANTE:
Debido a situación excepcional que estamos a vivir agradecemos que se cumpran os prazos. Como hai que ter os libros en cuarentena antes de poder manipulalos e facer a entrega non recollemos nin libros nin solicitudes despois da data fixada.
Aínda hai xente que non devolvou os libros que se prestaron dende a ANPA , polo tanto, agradecemos que se faga a devolución para que as familias que o precisen e así o soliciten podan ter libros. MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer