portada30

ANPA

Recollida de libros do ANPA

Dende  a ANPA do IES de Sar queremos informarvos que o martes estaremos no instituto dende as 17:00 horas ata as 19:00 horas para a recollida dos libros. Moitas garzas pola vosa colaboración .

A directiva da ANPA do Sar

Asamblea Ordinaria da ANPA

Mañá martes 24 de abril está convocada unha Asamblea Ordinaria da ANPA do IES de Sar ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda. Para consultar na convocatoria premer no seguinte enlace

Convocatoria extraordinaria da ANPA

O vindeiro martes 28 de novembro ás 19:00 horas en primeira convocatoria ou ás  19:30 horas en segunda convocatoria, haberá unha asamblea extraordinaria da ANPA no Salón de actos do instituto. Os puntos a tratar serán o cambio do nome da asociación e a modificación dos estatutos. Nos seguintes enlaces poderá consultarse os estatutos así como a orde do día

 

II Xornada da diversidade. O acoso escolar

 
Dende a Federación de Anpas Compostela e a Comisión de NEAE onde tamén está presente a Anpa do IES de Sar enviamos información sobre as Xornadas que imos facer o 28 de outubro.  
Con estas Xornadas queremos facer visibel  o que moitos nenos e nenas están a sufrir;  e moitos e moitas son nenos e nenas con un alto índice de vulnerabilidade.
 
  Para consultar o programa facer clic na imaxe
 
 

Entrega dos libros da ANPA

Dende a Anpa do IES de Sar queremos informarvos que hoxe mércores de 16h a 17h estarán compañeiras da ANPA para entregar libros a quen o precise (dentro das nosas posibilidades).
 
Se ainda quedaran libros e non podedes vir enviade un correo a:  anpadesar@gmail.com e indicade o curso para o que precisedes libros.  Informarémosvos dos que queden dispoñibles.
 
Un saúdo
 
A Directiva da Anpa do IES de Sar

Banco de libros da ANPA do IES de Sar

Dende a ANPA do IES De Sar queremos informar que o banco de libros estará aberto no seguinte horario

  • RECOLLIDA DE LIBROS (aqueles que queiran donar libros e que non sexan do fondo de libros do instituto): luns 11 se setembro de 18h a 19:30h
  • ENTREGA DE LIBROS: será o venres 15 de setembro de 17h a 18:30h


Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo

A Directiva da ANPA do IES de Sar

Libros de texto para o curso 2017-2018

Para consultar a información sobre os libros de texto para o curso 2017-2018 premer aquí

CHARLA - DEBATE: "Psicoevolucionad@s"

Dende a ANPA queremos convidarvos a todas e todos a Charla-debate: "Psicoevolucionad@s". Sería unha charla para debatir sobre o cerebro, as súas funcións, as emocións e a evolución. 

PONENTE:  Carmen Morell
LUGAR:  Salón de Actos do instituto de Sar
HORA:  17:00h

 

Terceiro Concurso Fotográfico do IES de Sar

 ANPA do IES de Sar convoca este terceiro concurso de fotografía co tema "Soños" .O obxectivo é que o alumnado participante reflexe “aquilo que soña, imaxina e desexa facer realidade. As súas aspiracións e metas”.

As bases do concurso poderán consultarse no seguinte enlace

 

Para ampliar a imaxe premer sobre ela

 

 

Charla-Café: Novos tempos na familia: os cambios na adolescencia

Durante este curso a Federación de ANPAS Compostela (a cal pertence a ANPA do IES de Sar) en colaboración co Departamento de Servicios Sociais do Concello de Santiago imos organizar unha charla por trimestre en tres IES diferentes.

Neste caso optamos polo formato Charla-Café ea primeira vaise realizar no IES de Sar. Para poder organizar os cafés necesitamos que vos inscribades e enviedes os vosos datos de contacto( NOME E APELIDOS,E-MAIL, TELÉFONO). Se alguén precisa de ludoteca avisade para podela organizar.

DÍA: Mércores 30 de novembro

LUGAR: Salón de Actos. IES de Sar

HORA: 18:30 h

INSCRIPCIÓNS: anpadesar@gmail.com

DATA LÍMITE: Martes 29 de novembro

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer