portada30

50 anos de música galega no IES de Sar por O Leo de Matamá.

Día libro

 

O venres 23 de abril, os alumnos e alumnas de 4º da ESO, e de 1º e 2º de Bachillerato do IES de Sar tiveron a oportunidade de asistir a un recital poético-musical, a cargo do filólogo, poeta e cantautor punk O Leo de Matamá. O artista brindoulles un concerto que constitiu nun percorrido por medio século da música de Galicia, á vez que cantou unha exaltación de polo menos século e medio da poesía galega. Textos de poetas coma Manuel María ou Lois Pereiro nutriron un repertorio no que a obra “Longa noite de pedra” de Celso Emilio Ferreiro tivo un lugar moi destacado. Para o deleite de tódolos asistentes, varias pezas de “Sé mente de vencer”, o último traballo publicado pol' O Leo, foron agregadas ao espectáculo. 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer