Os libros de texto obrigatorios para o curso 2020-21 do dpto. de Economía son os seguintes:
- 4º ESO: Mantense o do curso anterior, que é "Economía", da editorial McGraw-Hill (autor: Anxo Penalonga Sweers). O ISBN cambiou porque hai unha nova edición dese libro, pero os contidos apenas varían. Se o alumnado xa dispón do libro na versión anterior, que era de 2016 (ISBN 978-84-486-0953-5), non necesita adquirir o novo. En caso de non telo, o ISBN da nova edición é 978-84-486-1858-2. (ano 2020).
- 1º bacharelato: "Economía", da serie Analiza da editorial Santillana (proxecto Saber Hacer). Anteriormente non había libro obrigatorio. ISBN: 9788468013367 (ano 2015)
- 2º bacharelato: "Economía de la empresa", da serie Analiza da editorial Santillana (proxecto Saber Hacer). Anteriormente non había libro obrigatorio. ISBN: 9788468033204 (ano 2016)
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer