portada30

Parabéns ao noso alumno de 2° de Bacharelato, Adrián Fernández

Parabéns ao noso alumno de 2° de Bacharelato, Adrián Fernández, por recibir no seu día o terceiro premio de relato na convocatoria do Premio O Vákner, relatos de misterio no Camiño de Fisterra e Muxía, convocado por La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Dumbría.
Os relatos premiados nas últimas edicións ven agora a luz en forma de libro.
Moitos parabéns, Adrián!
 
 
 
 

Se andades o 19 deste mes por Compostela non perdades o concerto dos nosos exalumnos

Se andades o 19 deste mes por Compostela non perdades o concerto dos nosos exalumnos Gloria Pavía e Tomé Mouriño (De Ninghures) no Auditorio Abanca.
Moita sorte na gala final do XVI Premio Narf para grupos e artistas musicais.
 
 

Temos a sorte de ter este ano matriculada en 1° Bacharelato de Artes a Olga García Amado

Temos a sorte de ter este ano matriculada en 1° Bacharelato de Artes a Olga García Amado, alumna que leva destacando desde hai anos no mundo do judo.

 

 

Grazas, Paula Barral, por darnos a coñecer os teus traballos máis recentes

É moi habitual nos últimos tempos reencontros con exalumnos do IES de Sar que están facendo traballos ben interesantes no mundo das artes e que non esquecen onde deron os seus primeiros pasos como creadores.
Grazas, Paula Barral, por darnos a coñecer os teus traballos máis recentes.
Esperemos poder terte entre nós nalgún momento para dar a coñecer a túa obra entre o noso alumnado.
 
 

O noso alumnado da ESO e de 1° de Bacharelato de Artes tivo a sorte de asistir no Teatro Principal ao Festival Internacional Curtocircuíto 2024

Onte e hoxe o noso alumnado da ESO e de 1° de Bacharelato de Artes tivo a sorte de asistir no Teatro Principal ao Festival Internacional Curtocircuíto 2024, acompañado polo profesorado do departamento de Debuxo.

 

 

Moitos parabéns, Tania Pardo, polos teus éxitos no mundo do deseño de calzado con Jimenas

Moitos parabéns, Tania Pardo, polos teus éxitos no mundo do deseño de calzado con Jimenas. E mil grazas por lembrarte do teu paso polo IES de Sar.
Sabes que tes aquí a túa casa e encantaríanos contar contido nalgún momento deste curso para compartir co noso alumnado as túas experiencias sector tan complexo e competitivo como este.
 
 

Primeira saída do alumnado de 2° de Bacharelato que cursa a materia optativa de Física

Primeira saída do alumnado de 2° de Bacharelato que cursa a materia optativa de Física.

Puido ver na Igrexa da Universidade a exposición do fotógrafo e cineasta italiano Armin Linke titulada Instrumentos de Visión.
Grazas á súa profesora Nuria Rodríguez por organizala.
 

Reunión dos pais/nais cos titores da ESO

O vindeiro martes 24 de setembro ás 19:00 horas, os titores dos grupos da ESO se reunirán cos pais/nais/responsables, nas aulas correspondentes

Comezamos!

Xornada recepción ao novo alumnado da ESO

O xoves 5 de setembro ás 19:00 horas, no centro, terá lugar unha xornada de recepción para o novo alumnado da ESO e as súas familias na que o equipo directivo fará unha visita polo centro e dará unha charla para aclarar todas as dúbidas que poidan xurdir nesta nova etapa da ensinanza seundaria.

O equipo directivo do IES de Sar

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer