Moitos parabéns ás alumnas premiadas no Concurso de Microrrelatos de Terror deste ano.
Seguimos comprobando que son as mulleres as que máis se achegan á literatura, como autoras e como lectoras.
E no IES de Sar temos canteira.
Na categoría de Bacharelato, o primeiro premio recaeu en Carla Sánchez Portos.
Na categoría da ESO, concedemos un segundo premio exaequo para Júlia Feijó Noriega e Zaira Míguez Ramos.
E o e primeiro premio recibiuno Mencía Iglesias Otero.
Moitos parabéns a todas e mil grazas polo traballo que fixo o noso xurado, formado este ano pola profesora de Lingua e literatura galegas,
Ana Rial Aparicio; polo profesor de Portugués, Xurxo Fernández Carballido, e pola nosa conserxe, Pilar Dobarro.