portada30

Os máis pequenos do instituto desfrutaron e aprenderon moito no Muncyt da Coruña

Os máis pequenos do instituto desfrutaron e aprenderon moito no Muncyt da Coruña.
Moitas grazas a Sofía Paleo por organizar a saída e a Xurxo Fernández Carballido polas fotografías.
 
 

Moitos parabéns á nosa alumna de 1°de Bacharelato, Almudena Aldrey Sanluis

Moitos parabéns á nosa alumna de 1°de Bacharelato, Almudena Aldrey Sanluis, que resultou finalista no Concurso escolar de videopoemas sobre composicións poéticas, convocado pola Casa-Museo Manuel María. O próximo 11 de maio darán a coñecer as gañadoras.
E parabéns tamén ao departamento de Dinamización Lingüística por animar ao alumnado a participar e asesoralos na presentación dos traballos.
 
 
 

Temos como finalistas dos Premios Martín Códax da Música a dous exalumnos do IES de Sar

Animádevos a votar pola nosa xente.
Temos como finalistas dos Premios Martín Códax da Música a dous exalumnos do IES de Sar: Gloria Pavía, na modalidade de Artista Emerxente, e Tomé Mouriño, membro do grupo De Ninghures, na categoría de Música Folk.
Merecen gañar en cadansúa categoría.
 

O alumnado que cuRsa Música asistiu ao Auditorio de Galicia

Hoxe no Auditorio de Galicia, o alumnado que cuesa Música asistiu ao espectáculo Pleasure Island da Real Filharmonía de Galicia e as coreógrafas e intérpretes Ariadna Montfort e Estela Merlos.
Grazas a María Giménez por organizalo.
 

Autorretratos do alumnado de 2° de Bacharelato de Artes.

Autorretratos do alumnado de 2° de Bacharelato de Artes.
Parabéns polos vosos traballos na materia de Debuxo Artístico que imparte Manuel de la Rosa.
 
 

Traballo co alumnado de Portugués

Preparados.

Grazas a Xurxo Fernández Carballido polas fotos e polo traballo co alumnado de Portugués.

 

 

Estamos rematando coas actividades que organizamos este curso para conmemorar a apertura do IES de Sar en 1994

Estamos rematando coas actividades que organizamos este curso para conmemorar a apertura do IES de Sar en 1994. E hoxe tocou outro prato forte.
Visitounos Faia Díaz, do grupo De Vacas, exalumna do centro entre 2004 e 2006, cando cursou entre nós o Bacharelato de Artes.
Unha muller cun talento descomunal. Humilde, xenerosa e boísima comunicadora. Vamos, unha alFaia.
Foi unha honra e un pracer tela entre nós.
E como os recordos que garda do noso centro son bos, comprometeuse a presentar o seu novo disco cando saia en outubro.
Grazas a Emma Fraiz Constenla por presentala.
 

Asistencia do noso alumnado de 4° da ESO a unha exposición

Asistencia do noso alumnado de 4° da ESO a unha exposición de banda deseñada no Auditorio de Galicia, acompañado polas profesoras Ana Rial Aparicio e Sonia Dopazo.

 

Hoxe volveu á súa casa Diego Vidal, exalumno do Bacharelato de Artes no noso centro

Hoxe volveu á súa casa Diego Vidal, exalumno do Bacharelato de Artes no noso centro entre os anos 2013 e 2015, que se está a converter nun dos escultores emerxentes de máis proxección no noso país. Ademais, como tamén é doutorando na Facultade de Bellas Artes de Valencia, onde xa imparte docencia na materia de Escultura, non é tan doado que lle cadre pasar polo instituto ao que chegou desde Boqueixón, hai agora dez anos, para dar os seus primeiros pasos formativos neste mundo das artes.
Foi un pracer escoitalo esta mañá. Fala coa mesma honestidade coa que esculpe e o noso alumnado de 2° de Bacharelato de Artes aproveitou moito a súa visita.
Ademais tivemos a sorte de que accedera a crear o deseño da escultura conmemorativa do noso 30 aniversario. Nalgunha das fotos aparece con ela nas mans. Unha tirada de 30 pezas en cerámica branca que gardaremos no centro como unha semente do futuro luminoso que sabemos que lle espera.
Grazas, Diego!
 
 

Animádevos a participar nesta iniciativa

Animádevos a participar nesta iniciativa de Rosa Gómez, unha das nosas profesoras de Matemáticas.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer