portada30

Hoxe volveu á súa casa Diego Vidal, exalumno do Bacharelato de Artes no noso centro

Hoxe volveu á súa casa Diego Vidal, exalumno do Bacharelato de Artes no noso centro entre os anos 2013 e 2015, que se está a converter nun dos escultores emerxentes de máis proxección no noso país. Ademais, como tamén é doutorando na Facultade de Bellas Artes de Valencia, onde xa imparte docencia na materia de Escultura, non é tan doado que lle cadre pasar polo instituto ao que chegou desde Boqueixón, hai agora dez anos, para dar os seus primeiros pasos formativos neste mundo das artes.
Foi un pracer escoitalo esta mañá. Fala coa mesma honestidade coa que esculpe e o noso alumnado de 2° de Bacharelato de Artes aproveitou moito a súa visita.
Ademais tivemos a sorte de que accedera a crear o deseño da escultura conmemorativa do noso 30 aniversario. Nalgunha das fotos aparece con ela nas mans. Unha tirada de 30 pezas en cerámica branca que gardaremos no centro como unha semente do futuro luminoso que sabemos que lle espera.
Grazas, Diego!
 
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer