portada30

Horario lectivo do curso 24/25

O horario lectivo do centro para o curso 24/25

Luns a Venres: 8:50-14:30 horas

Martes:16:50-18:30 horas

Axudas para a adquisición de material escolar curso académico 2024/2025

Dende o día 12 de xullo, pódese consultar presencialmente a listaxe provisional das axudas para a adquisición de material escolar para o vindeiro curso académico 2024/2025no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.

Os/as nais/país das alumnas/os que teñan dereito a dita axuda, poden pasar pola oficina do centro para recoller o vale a partir do luns dia 15 de xullo. De forma non presencial, pódese consultar a través de aplicación admisión alumnado, empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Naciona de Moeda e Timbre.

Cumprindo as normas vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico, nin se poderá dar información telefónica.

 

Cuestionarios sobre a autoestima, os mitos do amor romántico ou a sexualidade

O alumnado de 3º ESO A e B distribuídos en grupos de tres a cinco alumnos e alumnas elaborou cuestionarios sobre a autoestima, os mitos do amor romántico ou a sexualidade. Despois imprimíronse os cuestionarios, e os  alumnos de 3º A e B contestáronos de forma anónima.
Cada grupo fixo un reconto das respostas ao seu cuestionario, fixo táboas de frecuencias, diagramas de barras ou sectores circulares. Analizáronse medias, varianzas, desviacións típicas e cuartís das variables cuantitativas, e a moda das variables cualitativas.
Fixeron unha presentación grupal dos resultados obtidos e das conclusións que observaron.
Podedes velo aquí:

Enlace resultados

 
 Os cuestionarios están na carpeta:
 
 

Agradecemento ao Concello

Moitísimas grazas ao Concello de Santiago por convidar ás alumnas Nântia Bernárdez Martínez, Antela Aldonza Bello, Carla García Rodríguez e Laura Sende Rodríguez, do Grupo de Igualdade do noso centro, a participar na celebración do Día do Orgullo no Pazo de Raxoi.
E grazas a Sofía Paleo por preparar con elas a lectura de textos do libro que editou o pasado curso o noso centro na Colección Sar, titulado DiVers@s.
Acompañounas tamén o noso director, Aníbal García Pinal, e Merche Monteagudo, profesora de Física e Química.
Grazas por participar, representando ao IES de Sar, estando xa de vacacións.
Un orgullo de alumnas!
 
 

Finalistas no Festival de Curtas Olloboi

As alumnas de 1º de Bacharelato B (Artes), Aroha Fritz, Lucía Hermida, Mencía Mosquera, Mara Martinez e Naiara Vidal, resultaron finalistas no Festival de Curtas Olloboi, na categoría de Bacherelato, coa curta que leva por título “Demencía”.
Compartimos varias imaxes da entrega de premios, que tivo lugar o venres 21 xuño en Boiro.
Grazas a Minia Regos polas fotografías.
 

Felices vacacións a todas e a todos!

Felices vacacións a todas e a todos!
Descansade e recargade as pilas para empezar o vindeiro curso con renovadas forzas.
 
 

Para despedir o curso 2023-2024, o alumnado da ESO pasou toda a xornada na Illa de Ons,

Para despedir o curso 2023-2024, o alumnado da ESO pasou toda a xornada na Illa de Ons, como levamos facendo nos últimos anos.
Grazas a Pilar González, a Xurxo Fernández Carballido e a Chus Gómez polas fotografías que nos fan chegar.
 

Xa temos o noso BOSQUE DOS LIBROS plantado polo alumnado de 1°da ESO

Xa temos o noso BOSQUE DOS LIBROS plantado polo alumnado de 1°da ESO, guiado pola súa profesora de Bioloxía, Chus Gómez, e polo alumnado de 1° de Bacharelato de Artes, guiado pola súa profesora de Proxectos Artísticos, Montse Amigo.
Todo un exemplo de transversalidade de disciplinas e idades.
Parabéns por facer posible esta instalación que podedes desfrutar de camiño á biblioteca do noso centro.
Coidádeo!
 

Parabéns, Sofía Vázquez Martínez, pola concesión do Premio Extraordinario de Bacharelato

Parabéns, Sofía Vázquez Martínez, pola concesión do Premio Extraordinario de Bacharelato (MEGABAU)!
Hoxe na Coruña, acompañada pola súa familia e o director do IES de Sar, Aníbal García Pinal.
 
 

Compartimos algúns traballos do alumnado de 1° de Bacharelato A e D

Compartimos algúns traballos do alumnado de 1° de Bacharelato A e D, ao que lle dá clase Minia Regos, que paga a pena compartir con toda a comunidade educativa.
Grazas, Minia, polas fotos!
 
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer