portada30

Celebramos o Día da Ciencia en Galego coa lectura dun manifesto por parte de Xoana e Sofía, alumnas de 1°ESO B

Celebramos o Día da Ciencia en Galego coa lectura dun manifesto por parte de Xoana e Sofía, alumnas de 1°ESO B.
Actividade coordinada polo Equipo de Dinamización Lingüística e os departamentos de Física e Química e Matemáticas.
 

O mercores dar clase foi un pouco máis divertido. Feliz Samaín!

Feliz Samaín!

 

 

Esta semana tivemos unha visita moi especial.

Esta semana tivemos unha visita moi especial.
Para un centro de ensino, que os seus alumnos volvan para compartir os camiños que levan percorrido é unha honra e un estímulo para seguir ensinando.
Alumnos que non esquecen as súas orixes. Que saben de onde veñen e, pola seguridade que transmiten, semella que teñen moi claro cara onde van.
Brais Albor compartiu con parte do noso alumnado do Bacharelato de Artes todo o seu talento, amosando os seus traballos como deseñador de moda para marcas como Versace. Con só 29 anos ten pisado xa as pasarelas de Londres e Milán. E transmite que o fixo coa mesma humildade e confinaza coa que pisou as aulas do noso instituto entre 2010 e 2012.
Glamour e humildade a partes iguais nun rapaz de Villestro que aprendeu a coser nunha Singer esquecida na casa do seu avó.
Mil grazas, Brais, por vir e contalo.
Sabes que tes no IES de Sar a túa casa.
Presentouno a nosa exalumna Nerea Basante, estudante de Filoloxía Hispánica, que o entrevistou o pasado curso para o libro co que celebramos o 30 aniversario do noso centro.
 
 
 

O 30 de outubro pechamos o prazo de participación nos premios que o centro convoca para celebrar o Samaín entre o noso alumnado

O 30 de outubro pechamos o prazo de participación nos premios que o centro convoca para celebrar o Samaín entre o noso alumnado.
Animádevos a participar!
 
 
 
 
 

Foi un pracer para os nosas alumnas Nhoa Cao Becerra, Roma García Castelao, Xiana Esqueira Seivane, Nara Sanmartín Pérez, Carlota Fernández Alba e Inés Ruibal Chedas formar parte do xurado que esta mañá concedeu os Premios San Clemente

Foi un pracer para os nosas alumnas Nhoa Cao Becerra, Roma García Castelao, Xiana Esqueira Seivane, Nara Sanmartín Pérez, Carlota Fernández Alba e Inés Ruibal Chedas formar parte do xurado que esta mañá concedeu os Premios San Clemente na súa vixésimo oitava edición.
Felicitamos á catedrática de Lingua castelá e literatura do IES Rosalía de Castro, Marta Gende, por coordinar este premio desde o ensino público con tanto rigor e profesionalidade.
Que sexa por moitos anos.
 
 
 
 

Esta mañá o alumnado de 4° da ESO fixo unha clase práctica de Bioloxia no río Sar

Esta mañá o alumnado de 4° da ESO fixo unha clase práctica de Bioloxia no río Sar, estudando a súa biodiversidade.
O noso centro participa no Programa Ríos e o profesor Santiago Montero, xunto cun técnico da asociación Adega, axudou ao alumnado a descifrar o estado no que se encontra.
Grazas a Pamen García Romalde polas fotografías e a Julia Vilaboa por acompañalos nesta clase a pé de río.
 
 
 
 
 
 
 

Este mércores 23, seis das nosas alumnas máis lectoras participarán no fallo da 28 edición do Premio San Clemente

Este mércores 23, seis das nosas alumnas máis lectoras participarán no fallo da 28 edición do Premio San Clemente, organizado polo IES Rosalía de Castro e coordinado pola súa profesora de Lingua castelá e literatura, Marta Gende.
Alea iacta est!
 
 

Para os que andedes por Madrid a vindeira fin de semana, a nosa profesora de Música, María Giménez, impartirá un obradoiro

Para os que andedes por Madrid a vindeira fin de semana, a nosa profesora de Música, María Giménez, impartirá un obradoiro sobre a música de tradición oral e o romancero nunha das institucións de maior prestixio educativo deste país: a Institución Libre de Enseñanza.
Un orgullo para o noso centro tela entre nós.
 

Esta tarde o alumnado que cursa o Bacharelato de Artes tivo ocasión de participar na gravación da curtametraxe LA DE LOS TRES MONOS

Esta tarde o alumnado que cursa o Bacharelato de Artes tivo ocasión de participar na gravación da curtametraxe LA DE LOS TRES MONOS, dirixida por Gael Trujillo e producida por Aza Parcero, estudantes do grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela.
Agradecémoslles que escollesen o noso centro para rodala e que convidasen ao noso alumnado a participar nela, recibindo unha clase práctica de rodaxe por parte duns estudantes universitarios cheos de talento.
Presentarana, cando chegue o momento da súa estrea, no instituto para todos nós.
O alumnado que participou voluntariamente na iniciativa estaba encantado.
E o do mural dos tres monos que no seu día pintou Sekone foi unha simple casualidade e unha sorpresa para o equipo de rodaxe, que cambiou os seus plans iniciais de gravación para rodar nesta ubicación tan acaída para ese título.
 
 
 

Visita do noso alumnado de 2° e 3° da ESO á exposición Unha vida vikinga

Visita do noso alumnado de 2° e 3° da ESO á exposición Unha vida vikinga, que pode verse estes días na Cidade da Cultura de Galicia.
Grazas a Ana Rial e a José Martínez por organizala e acompañalo.
Foron a andar e, ao final, o tempo respectounos.
 
 
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer