portada30

Esta tarde o alumnado que cursa o Bacharelato de Artes tivo ocasión de participar na gravación da curtametraxe LA DE LOS TRES MONOS

Esta tarde o alumnado que cursa o Bacharelato de Artes tivo ocasión de participar na gravación da curtametraxe LA DE LOS TRES MONOS, dirixida por Gael Trujillo e producida por Aza Parcero, estudantes do grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela.
Agradecémoslles que escollesen o noso centro para rodala e que convidasen ao noso alumnado a participar nela, recibindo unha clase práctica de rodaxe por parte duns estudantes universitarios cheos de talento.
Presentarana, cando chegue o momento da súa estrea, no instituto para todos nós.
O alumnado que participou voluntariamente na iniciativa estaba encantado.
E o do mural dos tres monos que no seu día pintou Sekone foi unha simple casualidade e unha sorpresa para o equipo de rodaxe, que cambiou os seus plans iniciais de gravación para rodar nesta ubicación tan acaída para ese título.
 
 
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer