As profesoras que impartiron as materias artísticas na ESO (Educación Plástica Visual e Audiovisual de 1º e 3º, e Expresión Artística de 4º), montaron unha pequena exposición dos mellores traballos do seu alumnado este curso. Atópase na planta baixa do instituto e en cada lateral exponse un nivel diferente.
Na zona amarela temos traballos de 1º da ESO, onde se poden ver exercicios sobre os “Elementos configuradores da linguaxe visual” (o punto, a liña, o plano, a cor e a textura).
Na entrdaa ao salón de actos temos os traballos de 3º ESO, que están relacionados cos “Graos de iconicidade” (realismo, figuración e abstracción) e co emprego de diferentes técnicas gráfico-plásticas (lápiz, rotulador, témperas).
Na zona azul atópanse os traballos de 4º ESO, os máis complexos e variados, relacionados coas diferentes temáticas impartidas no curso: “Puntillismo, ilusións ópticas, estampación, cómic e colaxe”.
As fotografías son das profesoras Susana Rodríguez Alemparte e Sonia Dopazo.