Certame das Letras Galegas 2016 GAÑADORES
MODALIDADE CÓMIC
1º PREMIO: Aarón Hernández, de 4º PDC, por “Máis terror que desta non haberá”
2ºPREMIO: Julia Alonso, de 4º ESO A, por “Hortalizas e humanos”
MODALIDADE POESÍA
1º PREMIO: Iván Fernández López, de 2º Bac C, por “A voz de Gaia”
2º PREMIO: Deserto
MODALIDADE NARRATIVA
Debido á calidade dos traballos presentados, o Xurado decidiu conceder nesta modalidade, ademais do 1º e 2º premio, un accésit.
1º PREMIO: Tais González, de 2º ESO B, por “O reloxo de catro agullas”
2º PREMIO: Samuel Fernández, de 2º ESO B, por “Seguir vivindo”
ACCÉSIT: María Carrera, de 4º da ESO A, por “Amencer de sangue”
PARABÉNS!
O pasado 5 de maio os alumnos de 1º Bac C, D e E tiveron un ”encontro literario” con Santiago Lopo, autor de Hora zulú, unha das obras de lectura deste curso. O autor foinos contando, a partir das preguntas do alumnado, como organizou a estrutura da novela, de onde xurdiron as historias, como preparou e se informou sobre algúns aspectos da trama, os posibles finais…
O venres 13 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato vai participar nunha sesión con Serafín Marcos para profundizar, dunha maneira divertida, na figura de Manuel María, autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras. Seguro que nolo pasamos moi ben!
Xa se achega a festa das nosas Letras e, coma outros anos, o Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización do centro convocan o "Certame das Letras Galegas 2016". Poden participar todos os alumnos do centro en calquera das tres modalidades convocadas: poesía, narrativa e cómic. Ánimo e sorte!
Preme aquí para ver as bases completas.
O 25 de febreiro no salón de actos do centro, as poetas María Lado e Lucía Aldao presentaron aos alumnos de 2º ESO A e B e a 4º ESO A un recital de poesía nun formato completamente diferente ao habitual. Combinaron o recitado de poemas propios con música en directo e divertidas historias relacionadas coa súa actividade de poetas ou coa vida mesma.
Un ano máis, celebramos no centro o 24 de febreiro, día en que nace Rosalía de Castro en 1837, realizando diversas actividades co noso alumnado. Este ano, ademais do recitado de poemas nas aulas, os alumnos de 1º e 2º da Eso elaboraron colaxes e caligramas cos versos de “Adiós, ríos, adiós, fontes”, que expuxemos no vestíbulo.
Coma outros anos, a principios de febreiro volveu visitar o noso centro o personaxe do entroido vigués por antonomasia: o merdeiro. Este curso foron os alumnos de 1º ESO C os que asistiron á charla que Hadrián e Adriana, do EDNL do Concello de Vigo, impartiron sobre a orixe, vestimenta e as actividades propias deste personaxe.
Do luns 15 ao venres 19 de febreiro repartiremos froita entre o alumnado da ESO ao abeiro da actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do FOGGA, que pretende fomentar o consumo de froita fresca entre os adolescentes. A froita a repartir será a seguinte:
Luns e venres: Plátano
Martes: Mazá
Mércores: Pera
Xoves: Mandarina