Actividades 2015/2016

Manuel María visto por Manuel Veiga

Preme para ver a foto ampliada

O pasado día 19 de maio tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza de Manuel Veiga Taboada, xornalista e  premiado escritor que acaba de publicar varios libros sobre a figura de Manuel María. Da vida e obra deste autor faloulles aos nosos  alumnos de 2º da ESO.

Visita a Santiago


O martes 15 de marzo o alumnado de 2º Bacharelato grupo D, que cursa as materias de Historia da Arte e Xeografía e Historia de Galicia fixo unha visita de todo o día a Santiago.

Que Manuel María?

Preme para ver a foto ampliada

Que Manuel María? Esta  curiosa pregunta  daba título ao espectáculo, protagonizado polo profesor Serafín Marcos, que se desenvolveu no salón  de actos do centro o 13 de maio. Coa finalidade de profundizar neste persoeiro, Serafín Marcos foi contando ao noso alumnado de 1º de bacharelato, a través de divertidas escenas, aspectos da vida e obra do autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.  

Preme na imaxe para ver o ben que o pasaron no espectáculo.

Letras Galegas 2016: Homenaxe a Manuel María

O 12 de maio realizamos no IES Castelao unha pequena homenaxe a Manuel María, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, a festa das  nosas Letras.

     Nesta celebración, que se desenvolveu no salón de actos do centro,  alumnos da ESO leron poemas, relatos, artigos e fragmentos das obras máis representativas do autor homenaxeado, intercalando estas lecturas con distintas pezas musicais (xota, muiñeiras…) interpretadas por alumnos de 1º  de Bach e de 3º da ESO, baixo a dirección de Ana Rubio, profesora de Música do centro.

Podes acceder ás fotos do acto premendo na imaxe.

Saída escolar á vila romana de Toralla


O xoves 5 de maio, o alumnado de 2º Bacharelato D fixo unha saída escolar á vila romana de Toralla acompañado polos profesores Pastora García Docampo e Antonio Giráldez Lomba.

"Lobos sucios" en Multicines Norte


O venres 29 de abril os profesores Mario López, Agustín Nieto, Alfonso Álvarez e Antonio Giráldez acompañaron ó alumnado de 2º Bacharelato á proxección dunha película sobre a explotación do wolfram en Galicia nos tempos da Segunda Guerra Mundial.

ELASnaRÍA



Neste curso estivemos a desenvolver o proxecto interdisciplinar ELASnaRía dentro dos programas de igualdade "donas de si" e medio ambiente "paisaxe e sustentabilidade", ó abeiro do plan proxecta do curso 2015/2016. Pica aquí para acceder ó blog do proxecto. Tamén podes consultar a memoria do mesmo (pdf).

Distribuir contido