O pasado 5 de maio os alumnos de 1º Bac C, D e E tiveron un ”encontro literario” con Santiago Lopo, autor de Hora zulú, unha das obras de lectura deste curso. O autor foinos contando, a partir das preguntas do alumnado, como organizou a estrutura da novela, de onde xurdiron as historias, como preparou e se informou sobre algúns aspectos da trama, os posibles finais… Foi unha charla moi amena e proveitosa, que nos serviu para afondar nesta obra que, dende hai anos, ten unha moi boa acollida entre o noso alumnado. É unha lectura moi recomendable.