O 25 de febreiro no salón de actos do centro, as poetas María Lado e Lucía Aldao presentaron aos alumnos de 2º ESO A e B e a 4º ESO A un recital de poesía nun formato completamente diferente ao habitual. Combinaron o recitado de poemas propios con música en directo e divertidas historias relacionadas coa súa actividade de poetas ou coa vida mesma. Ademais, os nosos alumnos tamén participaron na actividade creando entre todos un poema dadaísta a partir de versos de diferentes poetas galegos. Foi, en resumo, un divertido espectáculo de poesía, música e humor.