Onte inauguramos as actividades do Club de Ciencias deste curso 24/25. Nesta xornada, e na do próximo mércores, traballaremos nun taller micofílico impartido pola Asociación Amabul.
A primera sesión foron actividades e xogos sobre a importancia para o medioambiente dos fungos. Na próxima sesión poñeremos as botas e ao monte, a obsérvalos "in situ".
Parabéns a tod@s @s participantes nas actividades pola súa entrega e entusiasmo! Grazas a tod@s.