Actividades
25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Enviado por Dirección o Mér, 20/11/2024 - 22:50FIESTINEMA
Enviado por Dirección o Lun, 18/11/2024 - 09:35Os alumnos de 4ºESO que cursan a materia de francés poideron asistir ao Fiestinema, organizado pola Alianza francesa, coa proxección de "La Petite Bande" que tivo lugar o mércores 13 de novembro no IES Rosalía de Castro.
Ao rematar a película, os alumnos comentaron que lles gustara esta comedia francesa protagonizada por cinco adolescentes na cal entrelazaban varios temas como a amizade, o acoso escolar, o medioambiente. En xeral, quedaron satisfeitos, porque lles resultou fácil de entender a pesar de non estar acostumados a ver películas en versión orixinal.
INTERCAMBIO TEATRAL CO IES XESÚS TABOADA CHIVITE
Enviado por Dirección o Xov, 14/11/2024 - 12:06O noso grupo de teatro musical estivo o venres 8 de novembro en Verín, nun Chivite (o anfitrión), o IES Ribeira do Louro de Porriño e o Teatro das Maniotas do noso centro. Despois dunha xornada inesquecible no auditorio de Verín, agasalláronnos cun xantar no instituto. Cara final de curso esperamos ver a todos e todas en Brión.
PREMIOS SAN CLEMENTE
Enviado por Dirección o Mér, 23/10/2024 - 20:58Durante o verán, un xurado formado por estudantes de bacharelato de varios institutos de Galicia, Madrid, Francia, Inglaterra e Alemaña leron as obras finalistas e decidiron a súa escolla. Reunidos os xurados de cada categoría, argumentaron a súa escolla e votaron, saíndo escollidas as obras seguintes:
INTERCAMBIO EDUMOB EN FRANCIA
Enviado por Dirección o Mér, 16/10/2024 - 17:02Xa están de volta os nosos tres alumnos que tiveron a sorte de participar no programa Edumob e veñen moi contentos coa experiencia!
Este programa foi solicitado polo Departamento de Francés que animou ao alumnado de 4º de ESO a presentar a súa candidatura. Finalmente os nosos tres alumnos foron escollidos e puideron pasar un mes aloxados en familias e asistindo a clases de distintos centros da Région Académique Nancy-Metz. Nadir, Pablo e Roi coñeceron como é a vida do instituto francés, compartiron tempo e vivencias coas/cos súas correspondentes e tiveron ocasión de facer excursións e actividades nas fines de semana coas familias e as novas amizades.
Os horarios durante a semana foron intensos e non deixaban tempo a moitas actividades: erguerse moi cedo, comer no instituto e ata media tarde non rematar as clases; pero isto tamén lles deu a oportunidade de facer vida cos seus compañeiros de centro e poder comparar os nosos sistemas educativos nos que como sempre, hai vantaxes e inconvenientes.
Moi boa experiencia! E agora a preparar a chegada das súas correspondentes que nos acompañarán no centro desde o 25 de Outubro e durante un mes, así que vai ser tamén unha boa experiencia para toda a comunidade educativa!
KAYAK E MÁIS ACTIVIDADES NA ILLA DE AROUSA CON 1º ESO
Enviado por educfisica o Mar, 02/07/2024 - 13:04O xoves 20 de xuño, o alumnado de 1º da ESO foi de excursión de fin de curso, a Illa de Arousa.
A primeira parada foi no miradoiro Punta Quilma onde o alumnado tivo a sorte de ver arroaces que xogaban preto da costa e contemplar a paisaxe dende un dos bancos máis antigos da zona. Logo, continuaron cun pequeno roteiro ata o Muíño das Mareas de As Aceñas, onde o guía lles deu unha explicación sobre o seu funcionamento e a importante función que tiña na illa antigamente.
Posteriormente, volveron a Arousa Kayaks para prepararse e coller o material necesario para comezar a aventura en kayak e no barco-dragón, dirección ao Parque Natural de Carreirón. O vento dificultaba o avance, pero todos/as remaban con ganas para poder avanzar preto da costa e chegar a praia Rosa da Mosca.
Xa a mediodía, repuxeron forzas no Areoso Beach Club para logo de xantar ir a zona de xogos da praia do Vao onde se divertiron coas pas, cos frisbees, co tiro con arco ou co datchball.
Pasámolo moi ben. O próximo curso repetiremos!
Departamento de Educación Física
Preme na icona para ver máis fotografías
VISITA 2º ESO A CORRUBEDO, DOLMEN DE AXEITOS, CASTRO BAROÑA E PRAIA DA AGUIEIRA
Enviado por educfisica o Mér, 26/06/2024 - 18:40O pasado 21 de xuño, os estudantes de 2º ESO fixemos unha excursión pola zona do Porto do Son.
SWING DANCE IS COOL!
Enviado por educfisica o Mér, 26/06/2024 - 18:12O 14 de maio o alumnado de 3º de ESO, divididos en dous grupos, participamos nunha clase de swing dance.
O noso profesor, Carlos, primero fíxonos unha introdución. Contounos que o swing dance provén da década dos 90 (1920-1940) e a súa orixe é afroamericana.
Comezamos a clase camiñando arredor do pavillón e "sentindo a música". Logo tiñamos que, cada vez que faciamos contacto visual con alguén, sinalalo e dicir: "Yeah! Para sentirnos guay".
Entón o profesor comezou a ensinarnos algúns pasos (boogie forward, boogie back, boogie drop, knee slap, takei Annie, mambo step), para finalmente facer unha coreografía, como podedes ver no vídeo.
Paseino moi ben na clase e gustoume moito a coreografía e espero facer máis actividades coma esta.
Lucía Quintáns, 3º ESO A
Para ler o artigo completo en galego, preme na seguinte icona
Para ler o artigo en inglés, preme na seguinte icona
Podes ver as fotos do obradoiro de swing dance premendo na seguinte icona
BICIKLETEANDO: ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DA BICICLETA
Enviado por educfisica o Lun, 17/06/2024 - 17:10Outro ano máis conmemoramos o Día Mundial da Bicicleta no IES de Brión.
Nesta ocasión, o alumnado de 1º de ESO realizou xogos e circuítos polo patio do centro, para rematar facendo un roteiro pola contorna de Brión, actividade na que tamén participou o alumnado de 2º de ESO.
En palabras do propio alumnado:
"Durante estes días estivemos en clases de Educación Física facendo exercicios de manexo e circulación polas estradas no patio do IES, aprendendo as normas viarias.
Despois, o venres 31 de maio, fixemos un roteiro en bicicleta por Brión, xunto co alumnado de 2ª de ESO.
Na nosa opinión persoal, o noso exercicio favorito foi no que simulamos unha estrada con conos, sinais e rotondas polo instituto.
Foi unha actividade moi entretida a cal sen dúbida repetiríamos".
Lois Rojas e Diego Amandi, 1º ESO D
Preme na icona para ver fotografías das actividades
SAÍDA 3º ESO A CORRUBEDO, DOLMEN AXEITOS, CASTRO BAROÑA E PRAIA AGUIEIRA
Enviado por educfisica o Lun, 03/06/2024 - 19:14O venres 24 de maio pasamos unha mañá e tarde moi entretidas: estivemos de roteiro, coñecemos sitios novos, fomos á praia...
A nosa primeira parada foi en Corrubedo, onde visitamos o faro, as Dunas e a praia que está xusto á beira. Fomos por un camiño de madeira, para protexer as especies que viven na duna. Alí explicáronnos como se crearon as dunas e por que están protexidas.
De aí fomos á praia que está á beira das dunas.
Despois de gozar das vistas da praia, fomos ao dolmen de Axeitos, un antigo monumento megalítico. Aínda que a visita foi breve, o dolmen impresionounos. O profesorado explicóunos por que se construían os dolmens e cal era o seu significado.
Despois dunha pausa, fomos ao Castro de Baroña, un antigo asentamento celta situado nunha gran zona rochosa con vistas ao mar. A vista dende o castro era espectacular, co mar rompendo contra as rochas.
Despois de explorar o castro, puxemos rumbo á praia da Aguieira. Alí comimos no piñeiral, á beira da praia, e despois chegou o momento máis desexado, ir á praia. Non todo o mundo se bañou, pero foi un momento moi divertido con amigos e amigas.
Aínda que o intre na praia fíxosenos curto, había que regresar a Brión.
Estamos agardando ter outra excursión e poder pasar outro día así.
Candela Pérez Iglesias, 3º ESO C
Preme na icona para ver máis fotos