PREMIOS SAN CLEMENTE
Enviado por Dirección o Mér, 23/10/2024 - 20:58
Este ano, un grupo de lectoras do noso centro formou parte do xurado dos Premios San Clemente. Estes premios tan prestixiosos distinguen anualmente obras en tres categorías: novela galega, novela en castelán e novela estranxeira.
Durante o verán, un xurado formado por estudantes de bacharelato de varios institutos de Galicia, Madrid, Francia, Inglaterra e Alemaña leron as obras finalistas e decidiron a súa escolla. Reunidos os xurados de cada categoría, argumentaron a súa escolla e votaron, saíndo escollidas as obras seguintes:
Hotel carioca de Antón Riveiro Coello
Literatura Infantil de Alejandro Zambra
Retrato de casada de Maggie O'Farrell
As nosas alumnas, ademais de formar parte dos xurados tamén foron as encargadas de dar lectura ao fallo do xurado en dúas das categorías. Unha experiencia que non acaba aquí xa que participarán tamén na entrega dos premios aos autores nunha gala que se celebrará no próximo trimestre.
Unha boa experiencia que premia ás lectoras e visibiliza a importancia das experiencias lectoras nos estudantes. Para o noso instituto un orgullo estar tan ben representados/as polas nosas alumnas Julia B., Marta M., Rut B, Emma C, e Iria C.