Inicio de curso
INICIO DE CURSO 2024-2025
Enviado por Dirección o Mar, 03/09/2024 - 16:37Na tarde do día 10 de setembro farase pública a distribución dos distintos grupos a través da Aplicación Abalar.
O día 10 de setembro farase unha presentación para o alumnado e familias de 1º ESO as 17.00h no vestíbulo da planta baixa. Nesta presentación estará o equipo directivo e o profesorado titor de 1º ESO.
O día 11 de setembro darán comezo as clases as 8.25h cunha xornada de presentación seguindo a seguinte distribución:
1º ESO |
Dirixiranse ás suas aulas |
8.25h-9.15h |
2º ESO |
Patio cuberto (zona dereita) |
|
3º ESO |
Patio cuberto (zona esquerda) |
|
4º ESO |
Ximnasio |
|
BACHARELATO |
Vestíbulo planta baixa |
A continuación o alumnado seguirá o horario establecido para ese día. Nesa xornada de presentación, haberá transporte escolar.
O día 12 de setembro, a actividade lectiva comezará co horario habitual desde as 8:25h.
LIBROS DE TEXTO: CURSO 2024-2025
Enviado por Dirección o Ven, 05/07/2024 - 20:21Premendo NESTE ENLACE pode consultar os libros de texto recomendados para o curso 2024-2025. Aconséllase a todo o alumnado NON MERCAR LIBROS ata falar co profesorado que lle imparta materia en setembro; ou no caso de mercalos, facelo únicamente coa garantía de poder devolvelos, gardando comprobantes de compra e sen desembalalos.
NOTA: Para pedir prestado algún libro de texto do fondo solidario que estamos a construir grazas as doazóns das familias, completade ESTE FORMULARIO antes do 15 de setembro. De momento non hai moitos, pero revisaremos as peticións e farase un reparto o máis xusto posible de todos os libros que haxa.
INICIO DO CURSO 2023-2024
Enviado por Dirección o Mér, 23/08/2023 - 16:24O día 8 de setembro farase unha presentación para o alumnado e familias de 1º ESO ás 17.00h no vestíbulo da planta baixa.
Nesta presentación estará o equipo directivo e o profesorado titor de 1º ESO.
Tamén este mesmo día,ás cinco, farase pública a distribución dos distintos grupos a través da aplicación Abalar.
O día 11 de setembro darán comezo as clases ás 8.25h cunha xornada de presentación para todos os niveis educativos. O profesorado titor acompañará ao seu grupo titorando, seguindo a seguinte distribución:
A continuación o alumnado seguirá o horario establecido para ese día.
INICIO DO CURSO 2022-2023
Enviado por Dirección o Lun, 05/09/2022 - 16:55Na tarde do día 7 de setembro farase pública a distribución dos distintos grupos a través da aplicación Abalar.
O día 8 de setembro darán comezo as clases ás 8:25h cunha xornada de presentación para todos os niveis educativos, seguindo a seguinte distribución:
8:25h - 9:15h | 1º ESO | PATIO CUBERTO (ZONA ESQUERDA) |
2º ESO | PATIO CUBERTO (ZONA DEREITA) | |
3º ESO | XIMNASIO | |
4º ESO | VESTÍBULO PLANTA ALTA | |
BACHARELATO | VESTÍBULO PLANTA BAIXA |
A continuación o alumnado seguirá o horario establecido para ese día, ata as 14:05h.
Os titores/as de cada grupo pasarán lista e acompañarán ao alumnado ás respectivas aulas.
Nesa xornada de presentación, haberá transporte escolar.
O día 9 de setembro, a actividade lectiva comezará co horario habitual, dende as 8:25h.
En Brión, a 5 de setembro de 2022
A Dirección
PRESENTACIÓN INICIO DE CURSO 2021-2022
Enviado por Dirección o Lun, 13/09/2021 - 11:48MÉRCORES 15 SETEMBRO
11.OOH-12.30H Alumnado de 1º ESO
Este alumnado dirixirase ao patio de atrás, e colocarase, gardando a distancia de seguridade, sobre as liñas que hai pintadas no patio; deixando as 2 primeiras libres. Alí esperará a ser chamado polo titor/a.
Cando sexan chamados/as colocaranse en ringleira sobre as 2 primeiras liñas. Cando o grupo estea completo, irá cara a aula ca persoa titora.
Haberá transporte escolar adaptado a este horario.
XOVES 16 SETEMBRO
8.25H-14.05H Alumnado de 1º ESO horario convencional
8.25H- Presentación alumnado 2ºESO, 3ºESO, 4ºESO, 1ºBACH e 2ºBACH
Este alumnado dirixirase ao patio de atrás, e gardando as distancias de seguridade, esperará a que o alumnado de 1ºESO entre no centro. A continuación, cada nivel dirixirase á zona das liñas que hai pintadas cando sexan chamados/as, seguindo a orde que ven indicada a continuación. Cando o grupo estea completo, irá cara a aula seguindo o percorrido que lle corresponde.
- O alumnado de 2ºESO achegarase, gardando a distancia de seguridade, á zona das liñas que hai pintadas no patio. Alí esperará a ser chamado e colocarase na ringleira que se lle indique.
- Cando 2ºESO suba ás aulas, o alumnado de 3ºESO achegarase, gardando a distancia de seguridade, á zona das liñas que hai pintadas no patio. Alí esperará a ser chamado e colocarase na ringleira que se lle indique.
- Cando 3ºESO suba ás aulas, o alumnado de 4º ESO achegarase, gardando a distancia de seguridade, á zona das liñas que hai pintadas no patio. Alí esperará a ser chamado e colocarase na ringleira que se lle indique.
- Cando 4ºESO suba ás aulas, o alumnado de 1ºBACH achegarase, gardando a distancia de seguridade, á zona das liñas que hai pintadas no patio. Alí esperará a ser chamado e colocarase na ringleira que se lle indique.
- Cando 1ºBACH suba ás aulas, o alumnado de 2ºBACH achegarase, gardando a distancia de seguridade, á zona das liñas que hai pintadas no patio. Alí esperará a ser chamado e colocarase na ringleira que se lle indique.
Todo o alumnado terá clase normal ata as 14,05.
INFORMACIÓN PARA PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO
Enviado por Dirección o Mar, 27/07/2021 - 10:59• DÍA 1 E 3 DE SETEMBRO Realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2020/2021, atendendo ó calendario de exames de setembro.
• DÍA 7 DE SETEMBRO: Entrega de boletín de cualificacións ás 10:00 horas na aula de referencia. Para respectar as medidas de hixiene o alumnado seguirá as mesmas instruccións que durante o curso, agardando nas filas ata que os recolla o titor. O alumando traerá os libros metidos nunha bolsa de plástico e con unha folla na que conste o seu nome, grupo e a relación de libros de texto que entrega. Dirixiranse a súa aula de referencia acompañados polo titor/a que fará entrega dos boletíns de cualificación.
• DÍA 7-8 DE SETEMBRO: Reclamacións ás cualificacións por parte dos alumnos en horario de 10:00 a 14:00 horas.
INFORMACIÓN SOBRE O COMEZO DO CURSO
Enviado por Dirección o Lun, 21/09/2020 - 12:35Informamos ás familias do horario de presentación do alumnado, os días 23, 24 e 25. Consulten o documento adxunto.
IMPORTANTE:
-Todo o alumnado debe traer máscara da casa. Proximamente colgaremos o Protocolo COVID nesta páxina, de momento as normas básicas explicaránselles durante a presentación.
-Vai haber transporte escolar para ese horario, pero recoméndose que todo o alumnado que o poida facer veña a pé ou en Bici.
NOVIDADES SOBRE O CURSO 20-21
Enviado por Dirección o Mér, 16/09/2020 - 07:51Informamos ás familias da concesión, por parte da Consellería de Educación, de 3 dos 4 profesores/as que solicitabamos, polo que retomamos a organización do curso 20-21.
Esperamos ter todo preparado para comezar as clases o día 23. Informarémoslles pola páxina web e/ou correo electrónico.
O CURSO 20-21
Enviado por Dirección o Xov, 10/09/2020 - 09:13CARTA ABERTA ÁS FAMILIAS:
Ante as información contraditorias que saen da Consellería de Educación; por un lado din nos medios de comunicación que nos dan a escoller entre:
-O desdobramento de grupos para poder ter 1,5 m de distancia,
-A instalación de mamparas e 1 m de distancia
-A semipresencialidade.
E por outro dinnos, pola vía da Inspección educativa, que o a 1ª opción é a instalación de mamparas, aínda que teñamos aulas para eses desdobramentos. Ou sexa, que nada de escolla: obriga.
A Dirección do IES de Brión quere deixar claro o seguinte:
-Desbotamos a utilización de mamparas polo custo, polos problemas de limpeza, pola dificultade de mobilidade do alumnado, de escoita, de ventilación, etc.
-Consideramos que nada pode substituir ao ensino presencial e, polo tanto desbotamos a semipresencialidade.
-Temos aulas dispoñibles e queremos que nos dean os 4 profesores/as que solicitamos para facer os desdobramentos, en horario normal de mañás, e para facer todas as gardas que o Protocolo COVID da Consellería nos obriga a facer.
-Queremos unhas instrucións definitivas xa porque estamos fartas dos cambios de criterio da Consellería. Levamos moito tempo traballando para organizar o curso e a organización que facemos un día, non serve para o seguinte.
POR ÚLTIMO: Calquera medida que non sexa o aumento de profesorado e os desdobramentos, non será nunca por decisión nosa, senón por imposición da Consellería.
Grazas ás familias por apostar polo ensino público!
Recorden que o comezo do curso se adía ata o mércores 23, daremos máis información en canto poidamos a través da páxina web
SETEMBRO: CALENDARIO E INSTRUCIÓNS
Enviado por Dirección o Mar, 01/09/2020 - 17:34Consulta aquí o calendario e instrucións para o mes de setembro.