NOVAS DIRECCIÓN

HORARIO DE VERÁN

No mes de xullo, o horario de atención ao público é de 9:00 a 14:00.

Durante o mes de agosto, a atención ao público será a través do correo electrónico do centro ies.brion@edu.xunta.gal. Contestaranse as consultas na maior brevidade posible. 

LIBROS DE TEXTO: CURSO 2024-2025

Premendo NESTE ENLACE pode consultar os libros de texto recomendados para o curso 2024-2025. Aconséllase a todo o alumnado NON MERCAR LIBROS ata falar co profesorado que lle imparta materia en setembro; ou no caso de mercalos, facelo únicamente coa garantía de poder devolvelos, gardando comprobantes de compra e sen desembalalos.

NOTA: Para pedir prestado algún libro de texto do fondo solidario que estamos a construir grazas as doazóns das familias, completade ESTE FORMULARIO antes do 15 de setembro. De momento non hai moitos, pero revisaremos as peticións e farase un reparto o máis xusto posible de todos os libros que haxa.

MATRICULA CURSO 2024-25

O período de matrícula para o curso 2024-25 abrangue dende o 24 de xuño ao 8 de xullo, en horario de 08:30 ás 13:30. Deberá matricularse todo o alumnado posto que este ano non hai convocatoria en setembro.

 Para evitar aglomeracións e facer a matrícula de xeito ordenado, virán:
  • Día 24 e 25 de xuño: alumnado 1º ESO
  • Día 26 e 27 de xuño: alumnado 2º BAC
  • Día 27 e 28 de xuño: alumnado 1º BAC 
  • Día 1 e 2 de xullo: alumnado 4º ESO 
  • Día 3, 4 e 5 de xullo: alumnado 3º ESO e  2º ESO


O día 8 
de xullo resérvanse para os casos nos que houbese algún impedimento para facela no día asigando. Por favor, descarguen os impresos e tráianos, cubertos e asinados polos 2 proxenitores.

Se desexan asinar con sinatura dixital e cubrir online, poden enviar toda a documentación ao correo: ies.brion@edu.xunta.es indicando no asunto : matricula_nome do alumno/a_curso no que se matricula.

AVISO 1: recoméndase traer unha fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto. No caso de necesitar fotocopias deste ou outros documentos, pasen por conserxería facelos antes de dirixirse á oficina.

AVISO 2: prégase ao alumnado dos cursos superiores (de 2º en diante) que no correo do alumno/a poñan a súa conta de correo iesbrion (.....@iesbrion.com). O de 1º ESO que non poña ningún e xa se lle fará esa conta iniciado o curso.

IMPRESOS POR CURSOS NOS SEGUINTES ENLACES:

  

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS: CURSO 2024-25

Publicados os prazos de admisión a Ciclos Formativos de Formación Profesional, do 24 de xuño ao 4 de xullo. Consultade todos os prazos neste documento.

Poden atopar toda a información con respecto á admisión nesta ligazón.

ABAU 2024 (ORDINARIA E EXTRAORDINARIA)

O proceso de matrícula nas probas ABAU na convocatoria ordinaria de 2024 para o alumnado de 2º de BAC que supere o curso na avaliación ordinaria de 2º de BAC realizarase do 16 ao 20 de maio para a convocatoria ordinaria. E do 13 ao 17 de xuño para a convocatoria extraordinaria.

Prazo especial de matricula na convocatoria ordinaria: poderá matricularse no prazo especial de matricula da convocatoria ordinaria (respectivamente extraordinaria) o alumnado que obteña resolución favorable da súa reclamación ás cualificacións do Bacharelato ante a Xefatura Territorial correspondente. Poderá matricularse a través da aplicación NERTA, das 9:00h ás 14:00h do día seguinte a comunicación da resolución.

PROCESO DE MATRICULACIÓN CONVOCATORIA ORDINARIA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Na secretaria do centro recollida de impresos e documentación ou descarga. Cumprimentación de impresos  e abono taxas.  xoves 16 de maio  venres 14 de xuño

Entrega de documentación na administración:

  • Xustificación abono de taxas (se non se pagou telematicamente en NERTA) ou documentación que acredite a exención deste pagamento.
  • Fotocopia do DNI
  • Impreso oficial de matricula ABAU debidamente cumprimentado.
  • Resgardo acreditativo de ter efectuado o pago para a solicitude do Título de Bacharelato.

xoves 16 de maio

e

luns 20 de maio

venres 14 de xuño

e

luns 17 de xuño

Publicación provisional do alumnado matriculado a través da aplicación informática Nerta. Comprobación de datos e reclamaciónde posibles erros na matricula no centro ata as 14:00h deste mesmo día. 21 de maio  18 de xuño
Publicación en NERTA do alumnado matriculado. 23 maio 20 de xuño
Exames ABAU 4, 5 e 6 de xuño  2, 3 e 4 de xullo
Xeración e Publicación on-line das actas de cualificacións provisionais da proba de ABAU (a partir das 20:00 horas). 13 de xuño 11 de xullo
O alumnado recibirá por correo a súa Tarxeta de Cualificación Provisional da ABAU. Para recibir a Tarxeta é necesario ter rexistrado un correo electónico en NERTA. 14 de xuño 12 de xullo
Solicitudes de “Revisión” ás cualificacións da proba ABAU (ata as 14:00 horas). Tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións. 14-18 de xuño 12-16 de xullo
Publicación on-line das cualificacións definitivas despois da resolución das solicitudes de revisión a partir das 20:00h . Contra a resolución adoptada pola CIUG, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publiciación ante a propia CIUG. 20 de xuño  17 de xullo
O alumnado recibirá por correo a súa Tarxeta de Cualificación Provisional da ABAU no caso  de que se solicitara a revisión de cualificacións. 21 de xuño 18 de xullo
Solicitude para ver os exames con revisión ata as 14:00h 21 e 25 de xuño 18 e 19 de xullo
Data para ver os exames solicitados.

27 de xuño

ás 10:00h  

23 de xullo

ás 10:00h

INSTRUCIÓNS E DATAS IMPORTANTES:

IMPRESOS: 

  1. Impreso para o pago das taxas ABAU se non se fai online.
  2. Instrucións para o pago de taxas ABAU
  3. Impreso de prematrícula na ABAU: solicitar en administración do centro ou descargar aquí.
  4. Impreso para o pago do título de bacharelato: solicitar en administración co resto da documentación ou ben descargar modelo AQUI. Para descargar o modelo premer en "INICIAR TASA", premer no candado aberto e despois en "DESCARGAR MODELO".

NOTA: Toda esta documentación tamén podedes recollela en administración.

CALENDARIO AVALIACIÓN ESO 2023_24

PERÍODO DE AVALIACIÓN ORDINARIA ESO

DATAS AVALIACIÓN ORDINARIA 
AVALIACIÓN ESO: 24, 25 e 26 de xuño de 2024
ENTREGA DE NOTAS: 27 de xuño de 2024

  • ENTREGA DE NOTAS: 27 de xuño de 11:00h ás 12:00 h
  • RECLAMACIÓNS ANTE DIRECCIÓN: 28 de xuño e 1 de xullo
  • COMUNICACIÓN ACORDOS RECLAMACIÓNS: 3 de xullo
  • RECLAMACIÓN ANTE XEFATURA TERRITORIAL: 4 e 5 de xullo

AVISO IMPORTANTE PARA 27 DE XUÑO DÍA DA ENTREGA DE NOTAS:

O xoves 27 de xuño é o día de entrega de notas e recollida de material prestado (libros, ordenadores E-Dixgal con fundas e cargadores, e préstamos da biblioteca). Todo o alumado da ESO deberá estar no centro dende ÁS 11:00 ATA AS 12:00 DA MAÑÁ E TRAER O SEGUINTE:

1) O alumnado que levou ordenadores E-Dixgal para casa deberá entregalos dentro da súa funda e co seu cargador. TODO ten que estar debidamente identificado: ordenador, cargador e maletín.

2) Libros de 1ºESO e 3ºESO prestados polo centro. Cada alumna e alumno deixará os seus libros enriba da súa mesa, indentificados cos seus datos nun folio. Non é necesario deixalos nunha bolsa.

3) Préstamos da biblioteca, podedes pasar pola biblioteca antes ou despois de ir ás aulas para devolver libros e demáis materiais que aínda teñades en préstamo.

PETICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O FONDO SOLIDARIO: Dende que temos E-Dixgal nos catro cursos da ESO, deixou de existir un fondo de libros. Aínda así, non todas as materias se acollen a E-Dixgal e comprendemos a dificultade que pode supoñer ter que mercar algúns libros agora que está LOMLOE implantada en toda a ESO e Bacharelato, e os poucos libros que quedaban no noso fondo quedaron obsoletos. Dende a ANPA e a Dirección, gustaríanos animarvos a todas as familias para ir construindo un fondo solidario con todos aqueles libros mercados por vós que estedes dispostos a donar, polo que recibiremos encantadas calquera libro de texto que queirades donar. Podedes deixalos enriba das vosas mesas o día da entrega de notas, ou traelos polo centro ata o 15 de xullo.

CALENDARIO AVALIACIÓN 1º BAC XUÑO 2023_24

DATAS AVALIACIÓN ORDINARIA-EXTRAORDINARIA
AVALIACIÓN 1º BAC: 10 de xuño de 2024
ENTREGA DE NOTAS 1º BAC ORDINARIA: 11 de Xuño de 2024
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º BAC: 25 de xuño de 2023
ENTREGA DE NOTAS EXTRAORDINARIA: 26 de Xuño

PERÍODO DE AVALIACIÓN ORDINARIA DE 1º BAC:

  • RECLAMACIÓNS ANTE DIRECCIÓN: 12 E 13 DE XUÑO
  • COMUNICACIÓN ACORDOS RECLAMACIÓNS: 14 DE XUÑO
  • RECLAMACIÓNS ANTE XEFATURA TERRITORIAL: 17 E 18 DE XUÑO

PERÍODO DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DE 1º BAC:

  • HORARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS: 19, 20 e 21 xuño 
  • ENTREGA DE NOTAS: 26 de xuño a partir das 12:00 h
  • RECLAMACIÓNS ANTE DIRECCIÓN: 27 e 28 de xuño
  • COMUNICACIÓN ACORDOS RECLAMACIÓNS: 1 de Xullo
  • RECLAMACIÓN ANTE XEFATURA TERRITORIAL: 2 e 3 de xullo
  • CALENDARIO DE PROBAS EXTRAORDINARIAS:


mércores 19/06 xoves 20/06 venres 21/06
8:25-10:05

MATEMÁTICAS I

MATEMÁTICAS CCSS

INGLÉS  FÍSICA E QUÍMICA 
10:25-12:05 LINGUA CASTELÁ FILOSOFÍA LINGUA GALEGA
12:25-14:05

 HIST. MUNDO CONTEMPORÁNEO 

DEBUXO TÉCNICO

 TECN. E ENXEÑERÍA 

TIC

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-25

xúntase pdf do DOG coa convocatoria

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B

Beneficiarios/as.-

     -Axudas para material escolar: alumnado matriculado en ESO.

     -Fondo solidario de libros:  o noso centro está incluído no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2023/24 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

Documentación necesaria.-

 -Impreso de solicitude ED330B (Anexos I e II): (xúntase impreso solicitude pdf instrucións para cubrila)

 -Copia de documento que acredite a unidade familiar (31 de decembro de 2022): Libro de familia, sentenza de divorcio/convenio regulador, ou no seu defecto certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente.

A data do 31 de decembro de 2022 poderá seroutra, cando unha sentencia de separación ou divorcio sexa posterior a dita data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero, nos que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 -Se é o caso: Certificado do grao de discapacidade do alumno ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica. Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero. Resolución de acollemento de alumnado en situación de tutela da Xunta de Galicia.

Forma de presentación de solicitudes.

  • Electrónica: utilice a aplicación FONDO LIBROS e presente solicitude na SEDE ELECTRÓNICA  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla da aplicación Fondo Libros)

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos  na aplicación FONDO LIBROS  imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

  Alumnado con necesidade específicas de apoio educativo.

Ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en  1º, 2º 3º e 4º da ESO que, a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado e para o que non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale co que poderá adquirir os libros ou o material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso, polos importes establecidos no artigo 2.2.d) da convocatoria. Esta situación deberá acreditarse cun informe do centro onde se xustifique a necesidade de adquirir o material indicado para o alumno e a imposibilidade de empregar os libros de texto do fondo solidario de calquera curso, que debe quedar arquivado xunto coa solicitude.

NOTA IMPORTANTE: Os vales de libros e/ou material deberán levar obrigatoriamente a sinatura e o selo orixinais do centro, incluso no caso de estar asinados electronicamente,

ORDE DO 10 DE  MAIO DE 2023 : AXUDAS E FONDO LIBROS:

LIGAZÓN
IMPRESO SOLICITUDE ED 330B (ANEXO I E II): LIGAZÓN
INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR IMPRESO: LIGAZÓN
MANUAL DO USUARIO PARA O CIDADÁN LIGAZÓN
PÁXINA DA APLICACIÓN FONDO LIBROS LIGAZÓN

AVALIACION EXTRAORDINARIA 2º BAC CURSO 2023-24

PERÍODO DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA:

DATAS DE PROBAS EXTRAORDINARIAS 10, 11, 12 e 13 de xuño (elaborarase horario a partir do 15 de maio despois da avaliación ordinaria)
SESIÓNS DE AVALIACIÓN: 13 de xuño á tarde.
ENTREGA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS AO ALUMNADO 14 de xuño a partir das 10.00 horas na Secretaría do centro e publicación das cualificacións en Abalar  Móbil
REVISIÓN DE EXAMES 14 e 17  de xuño antes das 14:00h
PREMATRICULA NA ABAU (*) 13 e 17  de xuño antes das 14:00h
RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DE BACHARELATO:
17 e 18 de xuño antes das 14:00h
ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS DOS DEPARTAMENTOS Á DIRECCIÓN 19 de xuño antes das 11:00h 
ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS AOS INTERESADOS/AS 19 de xuño antes das 12:00h 
RECLAMACIÓNS NO CENTRO PARA ELEVAR A XEFATURA TERRITORIAL 20 e 21 de xuño  antes das 14:00h 
COMUNICACIÓN POR PARTE DO CENTRO A XEFATURA TERRITORIAL 21 de xuño antes das 14:00h 
RESOLUCIÓN POR PARTE DE XEFATURA TERRITORIAL 24 de xuño data límite
PROBAS ABAU 2, 3 e 4 de xullo

 (*) O alumnado que faga reclamacións as cualificacións de bacharelato e dita reclamación se resolva favorablemente por parte do departamento didáctico correspondente sen necesidade de elevala a Xefatura Territorial, terán de prazo para facer a prematricula no centro ata o día 20 de Xuño ás 12:00h.

PROCEDEMENTO E MODELOS DE FORMULARIOS PARA A RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS                             ENLACE                                                                                    
FORMULARIO DE RECLAMACIÓNS                             ENLACE
Distribuir contido