MATRICULA CURSO 2024-25

O período de matrícula para o curso 2024-25 abrangue dende o 24 de xuño ao 8 de xullo, en horario de 08:30 ás 13:30. Deberá matricularse todo o alumnado posto que este ano non hai convocatoria en setembro.

 Para evitar aglomeracións e facer a matrícula de xeito ordenado, virán:
  • Día 24 e 25 de xuño: alumnado 1º ESO
  • Día 26 e 27 de xuño: alumnado 2º BAC
  • Día 27 e 28 de xuño: alumnado 1º BAC 
  • Día 1 e 2 de xullo: alumnado 4º ESO 
  • Día 3, 4 e 5 de xullo: alumnado 3º ESO e  2º ESO


O día 8 
de xullo resérvanse para os casos nos que houbese algún impedimento para facela no día asigando. Por favor, descarguen os impresos e tráianos, cubertos e asinados polos 2 proxenitores.

Se desexan asinar con sinatura dixital e cubrir online, poden enviar toda a documentación ao correo: ies.brion@edu.xunta.es indicando no asunto : matricula_nome do alumno/a_curso no que se matricula.

AVISO 1: recoméndase traer unha fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto. No caso de necesitar fotocopias deste ou outros documentos, pasen por conserxería facelos antes de dirixirse á oficina.

AVISO 2: prégase ao alumnado dos cursos superiores (de 2º en diante) que no correo do alumno/a poñan a súa conta de correo iesbrion (.....@iesbrion.com). O de 1º ESO que non poña ningún e xa se lle fará esa conta iniciado o curso.

IMPRESOS POR CURSOS NOS SEGUINTES ENLACES: