CALENDARIO AVALIACIÓN ESO 2023_24

PERÍODO DE AVALIACIÓN ORDINARIA ESO

DATAS AVALIACIÓN ORDINARIA 
AVALIACIÓN ESO: 24, 25 e 26 de xuño de 2024
ENTREGA DE NOTAS: 27 de xuño de 2024

  • ENTREGA DE NOTAS: 27 de xuño de 11:00h ás 12:00 h
  • RECLAMACIÓNS ANTE DIRECCIÓN: 28 de xuño e 1 de xullo
  • COMUNICACIÓN ACORDOS RECLAMACIÓNS: 3 de xullo
  • RECLAMACIÓN ANTE XEFATURA TERRITORIAL: 4 e 5 de xullo

AVISO IMPORTANTE PARA 27 DE XUÑO DÍA DA ENTREGA DE NOTAS:

O xoves 27 de xuño é o día de entrega de notas e recollida de material prestado (libros, ordenadores E-Dixgal con fundas e cargadores, e préstamos da biblioteca). Todo o alumado da ESO deberá estar no centro dende ÁS 11:00 ATA AS 12:00 DA MAÑÁ E TRAER O SEGUINTE:

1) O alumnado que levou ordenadores E-Dixgal para casa deberá entregalos dentro da súa funda e co seu cargador. TODO ten que estar debidamente identificado: ordenador, cargador e maletín.

2) Libros de 1ºESO e 3ºESO prestados polo centro. Cada alumna e alumno deixará os seus libros enriba da súa mesa, indentificados cos seus datos nun folio. Non é necesario deixalos nunha bolsa.

3) Préstamos da biblioteca, podedes pasar pola biblioteca antes ou despois de ir ás aulas para devolver libros e demáis materiais que aínda teñades en préstamo.

PETICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O FONDO SOLIDARIO: Dende que temos E-Dixgal nos catro cursos da ESO, deixou de existir un fondo de libros. Aínda así, non todas as materias se acollen a E-Dixgal e comprendemos a dificultade que pode supoñer ter que mercar algúns libros agora que está LOMLOE implantada en toda a ESO e Bacharelato, e os poucos libros que quedaban no noso fondo quedaron obsoletos. Dende a ANPA e a Dirección, gustaríanos animarvos a todas as familias para ir construindo un fondo solidario con todos aqueles libros mercados por vós que estedes dispostos a donar, polo que recibiremos encantadas calquera libro de texto que queirades donar. Podedes deixalos enriba das vosas mesas o día da entrega de notas, ou traelos polo centro ata o 15 de xullo.