Acreditacións
CERTIFICACIÓNS COMDIX
Enviado por Dirección o Mér, 19/06/2024 - 19:12Rematado o procedemento de realización das probas de acreditación das competencias dixitais do alumnado correspondentes ás modalidades establecidas no artigo 3 da Resolución do 28 de febreiro de 2024, e constatada a proposta de título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou bacharel, segundo corresponda, procederase á emisión das certificacións ComDix para o alumnado con dereito a esta.
Unha vez emitidas as certificacións ComDix, estas poderán ser obtidas, a partir da data da que se informará proximamente, por algunha das seguintes vías:
- A través a aplicación abalarMóbil.
- No propio centro educativo, a partir do informe predefinido que se habilitará na aplicación XADE de cada centro, de xeito que poidan ser entregadas a aquelas familias ou alumnado non usuarios da aplicación abalarMóbil que así o soliciten.
- A partir do acceso á Carpeta cidadá da sede electrónica da Xunta de Galicia de cada alumna ou alumno, á que poderán acceder facendo uso do sistema Cl@ve.
No caso do alumnado que obtivo o título de educación secundaria obrigatoria nos cursos académicos 2021/22 e 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal, e solicitou a acreditación ComDix Iniciación, terá tamén dispoñible este documento a partir dos métodos de obtención citados.
Do mesmo xeito, os documentos de acreditación aos que se refiren os artigos 5.4 e 5.5 serán entregados polo centro educativo ao alumnado de 2º de bacharelato que o solicite. Estes documentos de acreditación tamén se poderán descargar dende a aplicación abalarMóbil.
ACREDITACIÓN COMPETENCIAS DIXITAIS
Enviado por Dirección o Dom, 12/05/2024 - 18:44Acreditación de persoas que obtivesen o título de educación secundaria obrigatoria nos cursos 2021/22 ou 2022/23.
1. As persoas que obtivesen o título de educación secundaria obrigatoria nos cursos académicos 2021/22 e 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos académicos poderá solicitar a acreditación das competencias dixitais no centro no que rematase cuarto de educación secundaria obrigatoria.
Cada curso académico no programa E-Dixgal debe corresponder cun curso diferente da etapa de educación secundaria obrigatoria (1º, 2º, 3º ou 4º). Para estes efectos, os cursos do programa de diversificación curricular ou do programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento computarán no curso equivalente da educación secundaria obrigatoria.
A solicitude debe ir acompañada dun documento que acredite a súa participación no programaE-Dixgal no ano académico e no curso indicado pola persoa solicitante. Este documento acreditativo axustarase no seu contido ao modelo do anexo VI para os centros públicos
- ANEXO V: Descarga aquí