CERTIFICACIÓNS COMDIX
Rematado o procedemento de realización das probas de acreditación das competencias dixitais do alumnado correspondentes ás modalidades establecidas no artigo 3 da Resolución do 28 de febreiro de 2024, e constatada a proposta de título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou bacharel, segundo corresponda, procederase á emisión das certificacións ComDix para o alumnado con dereito a esta.
Unha vez emitidas as certificacións ComDix, estas poderán ser obtidas, a partir da data da que se informará proximamente, por algunha das seguintes vías:
- A través a aplicación abalarMóbil.
- No propio centro educativo, a partir do informe predefinido que se habilitará na aplicación XADE de cada centro, de xeito que poidan ser entregadas a aquelas familias ou alumnado non usuarios da aplicación abalarMóbil que así o soliciten.
- A partir do acceso á Carpeta cidadá da sede electrónica da Xunta de Galicia de cada alumna ou alumno, á que poderán acceder facendo uso do sistema Cl@ve.
No caso do alumnado que obtivo o título de educación secundaria obrigatoria nos cursos académicos 2021/22 e 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal, e solicitou a acreditación ComDix Iniciación, terá tamén dispoñible este documento a partir dos métodos de obtención citados.
Do mesmo xeito, os documentos de acreditación aos que se refiren os artigos 5.4 e 5.5 serán entregados polo centro educativo ao alumnado de 2º de bacharelato que o solicite. Estes documentos de acreditación tamén se poderán descargar dende a aplicación abalarMóbil.