ACREDITACIÓN COMPETENCIAS DIXITAIS

Acreditación de persoas que obtivesen o título de educación secundaria obrigatoria nos cursos 2021/22 ou 2022/23.

  

1. As persoas que obtivesen o título de educación secundaria obrigatoria nos cursos académicos 2021/22 e 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos académicos poderá solicitar a acreditación das competencias dixitais no centro no que rematase cuarto de educación secundaria obrigatoria.

Cada curso académico no programa E-Dixgal debe corresponder cun curso diferente da etapa de educación secundaria obrigatoria (1º, 2º, 3º ou 4º). Para estes efectos, os cursos do programa de diversificación curricular ou do programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento computarán no curso equivalente da educación secundaria obrigatoria.

 2. As persoas que desexen solicitar a acreditación das competencias dixitais dirixirán unha solicitude entre o 2 e o 15 de maio de 2024, axustada en contido ao modelo recollido no anexo V, á dirección do centro no que rematasen cuarto de educación secundaria obrigatoria.

 

A solicitude debe ir acompañada dun documento que acredite a súa participación no programaE-Dixgal no ano académico e no curso indicado pola persoa solicitante. Este documento acreditativo axustarase no seu contido ao modelo do anexo VI para os centros públicos