Actividades
VISITA Á AULA NEWTON
Enviado por Eva Pardiñas o Lun, 20/05/2024 - 12:07O pasado 16 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato visitou á Aula Newton para realizar a actividade “Voando cos números: unha aventura aérea”
O alumnado planificou os seus propios voos, realizando cálculos matemáticos con unidades de distancia, velocidade e tempo, para aprender a manexar correctamente as cartas navegación. Traballaron en parellas (tripulacións), e tiveron que cumprir a súa misión realizando un voo en simuladores avanzados.
2º PREMIO NA 7ª COMPETICIÓN DE ROBOTS DA ESCOLA DE ENXEÑARÍA INDUSTRIAL DE VIGO
Enviado por luz o Lun, 13/05/2024 - 13:07Un grupo de alumnado de Tecnoloxía, Intelixencia Artificial e Dixitalización de 4º de ESO e Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º de Bacharelato, foron os representantes do IES de Brión na 7ª Competición de robots da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo.
O alumnado, que cursa robótica nas respectivas materias, estivo durante varias xornadas fóra do horario escolar optimizando a programación e montaxe do robot no centro previamente á xornada celebrada o pasado 19 de abril.
Contamos coa colaboración do departamento de Debuxo, para a creación do deseño e estampación con serigrafía de camisetas en diferentes cores para o evento. O deseño foi elaborado a partir dunha imaxe da "Máquina de diferencias" de Ada Lovelace e Charles Babbage.
Nesta edición participaron 500 estudantes, organizados en 97 equipos, distribuidos nos 9 tapices de competición. Todos os equipos do IES de Brión pasaron á final na 1ª fase, en 1ª e 3ª posicións no respectivo panel. Na final do concurso na que competiron os grupos mellor clasificados en cada tapiz, os grupos de 4º de ESO acadaron un 2º e 4º postos, sendo agasallados con reloxios intelixentes e 1º de Bacharelato acadaron unha 5ª e 8ª posicións.
Felicitamos a todo o alumnado que representou ao instituto na 7ª edición da Competición.
Accede ás novas sobre o evento:
"Unha invasión robótica toma a Escola de Enxeñaría Industrial". DUVI
"Unha invasión robótica se apodera de la Esculea de Ingeniería Industrial". Vigo Hoy
"500 estudiantes participaron en la séptima edición de la Competición de Robots de Galicia". Quincemil
"Los robots invaden el campus". Faro de Vigo
CIRCUÍTO DE ORIENTACIÓN POR PADRÓN E RAFTING NO RÍO ULLA
Enviado por educfisica o Lun, 06/05/2024 - 17:41Este último martes 30 de abril, o alumnado de 1º de bacharelato puidemos desfrutar dun día por Padrón e no Río Ulla, organizado polo departamento de Educación Física xunto a empresa Arrepións.
Comezamos a mañá facendo un xogo de pistas pola vila de Padrón grazas ao cal, pese a algunha que outra chuvieira, aprendimos un pouco da historia do lugar.
Despois diso, puxemos rumbo cara a área de recreo O Xirimbao, onde nos distribuímos por grupos para montar nas balsas cos monitores e lanzarnos ao río Ulla para facer rafting.
Había moitas correntes e rápidos, que facían o traxecto moi divertido. Ademais, os monitores deixáronos tirar á auga nalgún tramo do río e incluso deixarnos levar pola corrente.
Tivemos sorte e non choveu case nada o resto do día, sendo unha experiencia diferente e entretida que, sen dúbida, repetiríamos.
Ángela Amandi, Martín Faraldo, Aixira Pampín e Marta Míguez, 1º BACH
Preme na seguinte icona para ver todas as fotos
DEFENSA DOS PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DA 1ª PROMOCIÓN DO STEMBACH
Enviado por luz o Mér, 01/05/2024 - 22:38O curso pasado comenzamos no IES de Brión co STEMbach no que o alumnado cursou unha materia de afondamento: "Laboratorio STEAM, unha ollada interdisciplinar", realizou actividades complementarias de divulgación científica e visitas a centros de investigación e desenvolveu un proxecto de investigación relacionado con ámbitos de coñecemento do bacharelato.
O martes 30 de abril a partir das 16:30 tivo lugar a defensa e presentación da 1ª promoción dos proxectos STEMbach no laboratorio do instituto. Na comisión de avaliación contamos coa presencia de Beatriz Crujeiras Pérez, profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais na USC.
Os proxectos presentados foron:
Aceites esenciais. Folla de sen e extracto de tomillo | Caracterización dunha zona forestal e proposta de actuación |
Alumnado: Hugo Estévez Vázquez, Claudia Rodríguez Lorenzo Titora: María Dolores Viña Castelao. Departamento de Farmacoloxía, farmacia e tecnoloxía farmaceútica. CIMUS. Universidade de Santiago de Compostela Coordinadores: Juan Carlos Freiría Tato e Virginia Rodríguez Álvarez |
Alumnado: Mauro Barreiro Señorís, Violeta Fornés Rodríguez, Nerea Paradelo Álvarez, Miguel Picos Gómez Titor:Juan Picos Martín. Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente. Escola de Enxeñaría Forestal. Universidade de Vigo Coordinadora: Noela Vallejo Senra |
Simulación computacional da interacción da magainina con modelos simplificados de membranas bacterianas e de mamíferos sanos |
RESISTIM. Efectos da estimulación transcraneal en combinación con adestramento de forza |
Alumnado: Mikel Escobar Díaz, Álvaro Francos Martínez, Unai Peral Fernández Titores: Rebeca García Fandiño, Fabián Suárez Lestón. Grupo de investigación de Química Supramolecular e nanotubos peptídicos. CIQUS. Universidade de Santiago de Compostela. Coordinadora:Virginia Rodríguez Álvarez |
Alumnado: Álvaro García Romero, Jorge Rivas Capeáns, Guillermo Velo Expósito Titora: Virginia López Alonso. Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte.Departamento Educación Física e Deportiva. Universidade da Coruña Coordinadora: Xiana Guerra Arias. |
O alumnado realizou unha excelente presentación dos proxectos, que destacaron pola calidade, profundidade e diversidade de temáticas presentadas. Queremos felicitar ao alumnado polo esforzo, adicación e defensas dos proxectos.
CONCURSO DE ESTRUTURAS DE ESPAGUETES
Enviado por Eva Pardiñas o Mér, 01/05/2024 - 17:56Durante o segundo trimestre o alumnado de 1º E.S.O. na materia de Tecnoloxía e Dixitalización elaborou un proxecto de estruturas.
As estruturas(pontes) serían de espaguetes con unhas determinadas dimensións e deberían salvar unha luz de 30 cm. Ademais as súas barras non deberan superar os 10 espaguetes.
Sometémolas a unha proba de carga, e valoramos aquela que mais peso soportase en relación a súa masa.
Premiamos tamén aquela estrutura que mais gustase aos nosos xuíces do Departamento de Debuxo, así como ao alumnado de primeiro.
Deixamos aquí as dúas estruturas gañadoras.
Parabéns a todos polo traballo realizado!!
ESTARCIDO CONTRA O MASACRE DO POBO EN PALESTINA
Enviado por Xabier Lorenzo ... o Ven, 26/04/2024 - 17:28
Alumnado de Deseño (2º Bach) participou na actividade "Estarcido contra o masacre do pobo en Palestina" reproducindo a obra do artísta palestino Khaled Hourani titulada "Atlas Subxectivo de Palestina".
Como xa avanza o título da actividade, a técnica empregada foi o estarcido con spray sobre parede. A secuencia de traballo foi a seguinte:
- Separación das diferentes cores da imaxe a partir dunha fotografía da obra orixinal.
- Vectorizado do contorno das diferentes masas de cor.
- Creación das máscaras de reserva en fieltro coa cortadora laser.
- Aplicación das diferentes capas de cor empregando spray sobre as máscaras adheridas á parede.
O alumnado participante nesta acividade quere así, unha vez máis, amosar a súa solidariedade co pobo palestino e deixar pegada do seu compromiso.
INTERCAMBIO CO LYCÉE FRANCÉS GÉRARD DE NERVAL (SOISSONS)
Enviado por Dirección o Xov, 25/04/2024 - 09:48O IES de Brión participou nun intercambio co Lycée Gérard de Nerval da vila de Soissons en Francia no marco do proxecto EduFrance. Despois da estadía do noso alumnado na súa vila e instituto, tocou recibir aos correspondentes franceses que viñan por primeira vez a Galicia.
Durante unha semana coñeceron o centro e as clases pero tamén tiveron oportunidade de visitar o Concello e ser recibidos por parte da corporación, de coñecer un pouco máis Brión grazas a un roteiro organizado polo Departamento de Educación Física, de facer un treito do Camiño de Santiago, visitar a cidade de Santiago de Compostela e ata de comer churros!
Pero tamén foi unha experiencia magnífica de sentirse acollidas nas familias das súas correspondentes das que todos quedaron encantadas polo trato e a acollida que tiveron con todos/as elas.
Na avaliación que fixemos ao finalizar a estadía, todas as participantes salientaban o ben acollidas que se sentiron aquí, a variedade e calidade das actividades e o tristes que estaban de rematar. Pola nosa parte, resumimos o noso sentir nas palabras de Alba L. "non teño palabras para describir o increíble e divertido que foi, unha experiencia inolvidable e chea de aventuras. As despedidas son moi tristes e duras, así como nos pasou a nós a hora de despedirnos, pero estou moi agradecida e contenta de ter participado neste intercambio e estou segura de que nun futuro volverémonos encontrar."
VISITA AO CIMUS
Enviado por Dirección o Sáb, 20/04/2024 - 18:42- Unidade de modelos de enfermidades e terapias avanzadas coordinado pola Dra. Catarina Allegue, ónde lle amosaron como se usaba a metodoloxía CRISPR sobre células nai para xerar modelos de enfermidades sobre os que probar terapias.
- Equipo de investigación en neurociencia cognitiva, coa Dra. María Tubío, neste grupo puideron observar como se integraba o traballo de psicólogas dentro da investigación biomédica e as liñas de investigación abertas no grupo, nas que está moi involucrada a perspectiva de xénero.
- Grupo de Farmacoxenética, coa Dra. Olalla Maroñas: viron o que era a farmacoxenética e fixeron un experimento para diferenciar visualmente os tipos de metabolizadores que existen.
8 DE MARZO CO TEATRO DAS MANIOTAS!!
Enviado por Dirección o Xov, 07/03/2024 - 21:55Para conmemorar este día 8 de Marzo, compartimos con todos vos o primeiro vídeo dunha serie deles sobre a vida de mulleres científicas e pioneiras ao longo da historia.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »