Actividades
OBRADOIRO "A TARIFA DA LUZ"
Enviado por luz o Mar, 18/01/2022 - 20:17O pasado 16 de decembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO asistiu ao Obradoiro "A tarifa da luz" impartido polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, onde recibiron formación básica sobre a factura eléctrica e medidas para un consumo responsable, como a consulta da páxina web: https://tarifaluzhora.es/ para coñecer o prezo da luz por horas no día seguinte.
BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!
Enviado por carmengf o Xov, 30/12/2021 - 15:22Ola a todas e todos!
Este ano non foi moi corrente, por iso desexámosvos que, como un novo ano está á volta da esquina, podades dispoñer da mellor das saúdes, pasalo o mellor posible e ser responsables, polo ben común, e que, así, non nos toque vivir un ano coma este.
Aproveitade estas datas para desfrutar das vosas amizades e familiares, descansar e celebrar estas festas.
Bo Nadal, e que este ano 2022 vos sexa xenial!
Zoe de Rojas e Ángela Zas, 2º ESO D
CIRCUITO DE PISTAS PARA DESPEDIR O TRiMESTRE
Enviado por carmengf o Xov, 23/12/2021 - 18:44Este luns 20 de decembro o alumnado de 1º de Bacharelato realizamos unha actividade en grupos que nos fixo percorrer todo Brión, examinando tanto a nosa capacidade física como a nosa memoria.
Consistía en facer unha ruta atopando códigos QR, os cales ao ser escaneados revelaban as coordenadas do seguinte código e así sucesivamente ata volver ao instituto. Máis iso non era todo. Os códigos tamén traían preguntas sobre bádminton e voleibol (os dous deportes que practicamos durante o trimestre) e preguntas de todo tipo sobre o que se atopaba ao noso arredor. Por exemplo, nalgúns dos dez códigos da andaina preguntábanse cousas moi variadas dende ¨cantos sets ten un partido de bádminton en dobres?¨ ata ¨que se tira en cada contedor?¨. Empregamos a aplicación de wikiloc para gravar o noso percorrido e sacar fotos de cada lugar onde parábamos.
Pese as lixeiramente adversas condicións meteorolóxicas, todo o alumnado pasou un rato moi agradable percorrendo a nosa vila. A maioría acabamos bastante cansados despois das aproximadamente dúas horas de ruta, mais por sorte tiñamos unha peza de froita esperándonos cando volvéramos ao centro, para repoñer enerxías. Persoalmente, penso que este tipo de actividades logran combinar dunha forma moi efectiva o exercicio físico e a aprendizaxe, ademais de ser divertidas para nós. Diferenciouse do que adoitamos entender por unha clase de educación física, mais foi sen ningunha dúbida unha das mellores.
Martina Sambade Formoso 1º Bacharelato A
SAMAÍN 2021. CHEGOU O SAMAÍN O IES DE BRION A RITMO DE MICHAEL JACKSON.
Enviado por Anónimo o Sáb, 11/12/2021 - 10:26DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Anónimo o Sáb, 11/12/2021 - 10:21Este mes de novembro conmemorouse o 25N, Día Internacional da Violencia de Xénero. No IES de Brión leváronse a cabo varias accións para visibilizar esta problemática.
O alumnado de 1º ESO realizaron unha acción baseada na obra de Elina Chauvet (Zapatos Rojos).
Durante varios días, colocáronse no 1º andar, na zona central do centro, 72 pares de zapatillas que representaban as 72 mortes de mulleres por violencia de xénero en España no ano 2021.
Convidouse a toda a comunidade educativa a que pasaran por este espacio efímero de reflexión sobre esta problemática.
Por que cremos nas cousas que son feitas entre todos e para todos.
Moitísimas grazas ás familias pola vosa colaboración.
Aquí vos deixo o resultado. Disfrutádeo!!!
ANDAINA POR ONS
Enviado por carmengf o Lun, 06/12/2021 - 16:41
Aproveitando o veraniño de San Martiño, o venres 12 e o martes 16 de novembro, o alumnado de 3º e 2º de ESO respectivamente, fixemos unha bonita ruta por Brión, na parroquia de Ons para visitar a fervenza do Pozo Negro.
Dende o noso punto de vista, esta camiñata é perfecta para facer en verán, primavera ou outono. Se queres facela só tes que acercarte a Ons e elixir unha das rutas dependendo da distancia que prefiras percorrer.
A ruta que realizamos comenzou na área de piragüismo, pasou pola igrexa de Santa María de Ons, visitamos a fermosa fervenza do Pozo Negro e voltamos a área de piragüismo para facer unha camiñata circular.
Na igrexa fixemos un descanso no teleclube e, despois seguimos o camiño ata o Pozo Negro. A fervenza pódese observar dende unha ponte de madeira, onde poderás sacar unhas fotos únicas. Ao rematar visitamos o interior da área piragüismo, onde gardan todas as piraguas.
Durante o camiño os voluntarios que nos acompañaron contáronnos as lendas e misterios que agochaban as aldeas. Sabiades que a lenda de Ponte Pías está recollida no Códice Calixtino, o cal ten máis de oitocentos años? Que hai algunhas construcións antigas que só se poden ver cando o río está baixo? Ou que podes atopar unha misteriosa plantación de árnica?
A actividade foi algo diferente para facer nun día de clase e que nos ensinou moitas cousas ademais de permitirnos disfrutar dunha xornada arroupados polas cores do outono. Recomendamos facer esta camiñata porque é unha experiencia incrible.
Podedes escoitar a lenda da Ponte Pías na voz de Luciano Pena, que xunto con Antonio, Manolo e Cambón, nos acompañaron neste fermoso roteiro.
Flavia Maceiras e Silvia Rabuñal. 3°ESO.
INTRODUCIÓN AO CÓDIGO
Enviado por luz o Dom, 31/10/2021 - 17:53A hora do código e Codeweek son iniciativas para achegar a Programación de forma divertida e interesante.
Desde o departamento de Tecnoloxía participamos nesta actividade promovendo desde a as aulas actividades de introdución ao código durante o mes de novembro:
Programa A ponte da USC para 1º e 2º de BACH
Enviado por isabel.lugilde o Mar, 26/10/2021 - 12:57<p>Dende o "Programa A Ponte" da USC, organizan a actividade"Charlas temáticas",orientadas preferentemente ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, e nas que profesorado da USC ofrécese a impartir en formato charla ou obradoiro, diferentes contidos do seu ámbito docente e/ou investigador Como centro, podemos solicitar ata un máximo de dez charlas, das cales nos poderían adxudicar ata cinco. As charlas abarcan todo tipo de temáticas:dende biotecnoloxía, política, arte, física, teatro, idiomas, veterinaria, gastronomía molecular ou enxeñería en feminino.Dende o Departamento de Orientación estanse realizando as solicitudes,para que a USC conceda as adxudicacións e podamos planificalas nos horarios máis axeitados.</p>
UNHA CELEBRACIÓN DE FIN DE CURSO DIFERENTE
Enviado por carmengf o Ven, 02/07/2021 - 21:18Este ano fixemos unha celebración final do curso un pouco especial debido á situación na que nos atopamos polo coronavirus.
Nesta ocasión, non puidemos disfrutar dun festival como en anos anteriores pero, aínda así, o alumnado de 1º de Bacharelato, fixemos dúas coreografías orixinais e moi diferentes entre si.
Nestes dous vídeos que vos presentamos, podedes ver o resultado final do noso traballo e como o desfrutamos tanto nós como o alumnado doutros cursos e docentes que estaban vendo o espectáculo.
Esperamos que se poida volver axiña á normalidade e así poder facer os festivais que tanto nos gustan!
Diana Cantorna, estudante de 1º Bacharelato A
ALIMÉNTATE BEN: SEGUNDO LIBRO DE RECEITAS, VÍDEOS E PROGRAMA DE RADIO
Enviado por carmengf o Mar, 29/06/2021 - 17:42O alumnado que acaba de rematar 2º de Bacharelato comezou durante o confinamento o curso pasado, un traballo sobre alimentación saudable, que rematou creando unha nova canle en Youtube. AliméntateBen Brión e un primeiro libro de receitas, que podedes ver aquí.
A andaina continuou neste curso por parte do alumnado de 1º de Bacharelato.
Presentamos un novo libro de receitas saudables, sinxelas de realizar e moi saborosas. Podes velo premendo na imaxe superior, que é a portada do libro, ou no arquivo adxunto.
Ademais, cada receita vai acompañada dun enlace á nosa canle AliméntateBen Brión, para ir vendo a elaboración paso a paso.
E quixemos rematar esta actividade, debatindo na nosa Radio emBrión, no programa "Alimentación sa, receitas saudables", que podedes escoitar aquí.
Soamente queda poñer en práctica as receitas, acompañadas con exercicio físico en compañía das persoas ás que queremos.
Parabéns ao alumnado de 1º de Bacharelato por este estupendo traballo e moitas grazas a todas as persoas que colaboraron con nós!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »