Departamento de Tecnoloxía
_
Enviado por luz o Xov, 26/04/2007 - 10:24O departamento de Tecnoloxía está formado polas profesoras:
Luz R. L. Xefa de departamento, que imparte as materias de Ed. Dixital en 3º ESO, Intelixencia Artificial e Dixitalización e 4º de ESO, Tecnoloxía e Enxeñería I II en Bacharelato.
Eva P. F., imparte as materias de Tecnoloxía e Dixitalización en 1º ESO, Tecnoloxía e Ámbito Científico en 4º de ESO, en 1º de Bacharelato, e Tecnoloxía Industrial II en 2º de Bacharelato.
Javier A., que imparte Tecnoloxía e Dixitalización en 1º ESO, Tecnoloxía e Dixitalización en 2º ESO, TIC I en 1º de Bacharelato.
DÍA INTERNACIONAL DAS NENAS E MULLER NA CIENCIA
Enviado por luz o Xov, 27/06/2024 - 17:13O alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Brión participa en dúas actividades relacionadas co 11 de febreiro "Día Internacional das nenas e rapazas na Ciencia" propostas desde centros de Investigación e organizadas desde o STEMbach e o CPInnova Eduexcelencia.
CIQUS USC | INCIPIT CSIC |
As actividades foron “A ciencia é ou non o meu futuro?” desde o INCIPIT e CientífiQas: ciencia hecha por mujeres en el CiQUS
MATERIA DE MODALIDADE DO BACHARELATO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA
Enviado por luz o Xov, 20/06/2024 - 01:21VISITA Á AULA NEWTON
Enviado por Eva Pardiñas o Lun, 20/05/2024 - 12:07O pasado 16 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato visitou á Aula Newton para realizar a actividade “Voando cos números: unha aventura aérea”
O alumnado planificou os seus propios voos, realizando cálculos matemáticos con unidades de distancia, velocidade e tempo, para aprender a manexar correctamente as cartas navegación. Traballaron en parellas (tripulacións), e tiveron que cumprir a súa misión realizando un voo en simuladores avanzados.
2º PREMIO NA 7ª COMPETICIÓN DE ROBOTS DA ESCOLA DE ENXEÑARÍA INDUSTRIAL DE VIGO
Enviado por luz o Lun, 13/05/2024 - 13:07Un grupo de alumnado de Tecnoloxía, Intelixencia Artificial e Dixitalización de 4º de ESO e Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º de Bacharelato, foron os representantes do IES de Brión na 7ª Competición de robots da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo.
O alumnado, que cursa robótica nas respectivas materias, estivo durante varias xornadas fóra do horario escolar optimizando a programación e montaxe do robot no centro previamente á xornada celebrada o pasado 19 de abril.
Contamos coa colaboración do departamento de Debuxo, para a creación do deseño e estampación con serigrafía de camisetas en diferentes cores para o evento. O deseño foi elaborado a partir dunha imaxe da "Máquina de diferencias" de Ada Lovelace e Charles Babbage.
Nesta edición participaron 500 estudantes, organizados en 97 equipos, distribuidos nos 9 tapices de competición. Todos os equipos do IES de Brión pasaron á final na 1ª fase, en 1ª e 3ª posicións no respectivo panel. Na final do concurso na que competiron os grupos mellor clasificados en cada tapiz, os grupos de 4º de ESO acadaron un 2º e 4º postos, sendo agasallados con reloxios intelixentes e 1º de Bacharelato acadaron unha 5ª e 8ª posicións.
Felicitamos a todo o alumnado que representou ao instituto na 7ª edición da Competición.
Accede ás novas sobre o evento:
"Unha invasión robótica toma a Escola de Enxeñaría Industrial". DUVI
"Unha invasión robótica se apodera de la Esculea de Ingeniería Industrial". Vigo Hoy
"500 estudiantes participaron en la séptima edición de la Competición de Robots de Galicia". Quincemil
"Los robots invaden el campus". Faro de Vigo
CONCURSO DE ESTRUTURAS DE ESPAGUETES
Enviado por Eva Pardiñas o Mér, 01/05/2024 - 17:56Durante o segundo trimestre o alumnado de 1º E.S.O. na materia de Tecnoloxía e Dixitalización elaborou un proxecto de estruturas.
As estruturas(pontes) serían de espaguetes con unhas determinadas dimensións e deberían salvar unha luz de 30 cm. Ademais as súas barras non deberan superar os 10 espaguetes.
Sometémolas a unha proba de carga, e valoramos aquela que mais peso soportase en relación a súa masa.
Premiamos tamén aquela estrutura que mais gustase aos nosos xuíces do Departamento de Debuxo, así como ao alumnado de primeiro.
Deixamos aquí as dúas estruturas gañadoras.
Parabéns a todos polo traballo realizado!!
7ª COMPETICIÓN DE ROBOTS DA ESCOLA DE ENXEÑARÍA INDUSTRIAL DE VIGO
Enviado por luz o Ven, 19/04/2024 - 09:14Un grupo de alumnado de Tecnoloxía, Intelixencia Artificial, Dixitalización 4º de ESO e Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º de Bacharelato participan o venres 19 de abril na 7ª Competición de robots da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo.
O alumnado participou o pasado venres nun obradoiro de serigrafía en colaboración co departamento de Debuxo para a preparación de camisetas para o evento.
Parabéns ao alumnado polo esforzo e traballo realizado.
Programacións Curso 2023_24
Enviado por luz o Xov, 01/02/2024 - 21:03Programación Tecnoloxía e Dixitalización 1º ESO Programación Intelixencia Artificial p.s. 4º ESO
Programación Tecnoloxía e Dixitalización 2º ESO Programación Tecnoloxía 4º ESO
Programación Educación Dixital 3º ESO Programación Dixitalización 4º ESO
Programación Tecnoloxía e Enxeñaría I 1º Bach Programación Ámbito científico 4º PDC
Programación Tecnoloxia e Enxeñaría II 2º Bach Programación TIC I 1º de Bacharelato
OBRADOIRO DE ROBÓTICA
Enviado por luz o Ven, 10/11/2023 - 22:35O alumnado de Tecnoloxía e Intelixencia Artificial para a Sociedade de 4º de ESO asistiu o venres 10 de novembro ao Obradoiro Galego "A maxia da Robótica" organizado por IGACIENCIA no IES Menéndez Pidal Zalaeta da Coruña.
|
||
O alumnado traballou, compartiu e programou un robot en grupo dirixido por monitores na fase inicial, para superar os retos propostos na seguinte fase. Unha estupenda xornada na que disfrutaron da Programación, Robótica, compartir ideas e propostas para chegar a unha solución final.