Departamento de Tecnoloxía
ENERXÍAS RENOVABLES EN SOTAVENTO
Enviado por Anónimo o Lun, 25/11/2013 - 09:58TECNOLOXÍA NA REDE
Enviado por luz o Sáb, 30/03/2013 - 14:07Tecnoloxía na rede
Blog do departamento de Tecnoloxía do IES de Brión
Comenzamos un novo espazo web de traballo para as materias do departamento de Tecnoloxía do IES de Brión en formato blog.
EFICIENTIC: EFICIENCIA ENERXÉTICA E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN
Enviado por Anónimo o Mar, 05/03/2013 - 22:11Os departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía e Física organizan a participación do alumnado de 4º de ESO na Xornada de EFICIENTIC en Vigo.
Dende a imaxe podes acceder ás imaxes do alumnado do IES de Brión na xornada de EficienTIC
EFICIENTIC é un proxecto de divulgación científica que consiste nun conxunto de actividades e talleres co obxectivo de difundir e divulgar os conceptos básicos e as tecnoloxías máis innovadoras das áreas nas que traballan EnergyLab ( Centro tecnolóxico de Eficiencia e sustentabilidade enerxética) e Gradiant ( Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia), que son as áreas de Eficiencia Enerxética e das Tecnoloxías da Información e Comunicacións.
O programa da xornada consta de:
- Charla para introducir os aspectos fundamentasi sobre as TIC e a Eficiencia Enerxética e actividades iniciais.
- Talleres:
- Xeración de enerxía pedaleando
- Illamento
- Recoñecemento facial e consellos de aforro no consumo dos computadores
- Hidróxeno para a mobilidade
- Energy Harvesting
- Xeración de enerxía a partir de cambios de temperatura
- Auditoría enerxética
EFICIENTIC na TVG
MATERIAIS 2º ESO
Enviado por luz o Ven, 01/03/2013 - 17:06Nos vindeiros días empezaremos a traballar as unidades didácticas do bloque de Materiais. Presentamos as unidades didácticas e ligazóns interesantes para repasar os contidos:
Unidade 5 |
Materiais de uso técnico |
|
AVERIGUA LO QUE SABES | ||
Unidade 6 A madeira
|
||
Unidade 7 Os metais
|
AS PROPIEDADES DOS METAIS |
|
LIGAZÓNS 2º ESO, 3º ESO
Enviado por luz o Lun, 04/02/2013 - 09:30REPRESENTACIÓN GRÁFICA PARA 2º ESO
Debuxando as vistas dun obxecto paso a paso
|
Recurso da web: www.aulataller.es | |
Identificando vistas |
Recurso da web: www.aulataller.es | |
Obtención de vistas
|
Recurso da web: http://www.educacionplastica.net | |
Modelado en3D a partir de vistas | Recurso da web: http://www.educacionplastica.net | |
Páxina de Debuxo técnico |
Recurso da web:http://www.iesalquibla.net/TecnoWeb/index.htm
|
|
MATERIAIS |
Unidade 5 |
Materiais de uso técnico |
|
AVERIGUA LO QUE SABES | ||
Unidade 6
|
A madeira
|
|
Unidade 7 |
Os metais |
AS PROPIEDADES DOS METAIS |
CIENCIA E TECNOLOXÍA EN GALEGO
Enviado por luz o Xov, 15/11/2012 - 23:43LEONARDO E RAMÓN VEREA
Enviado por Anónimo o Lun, 05/11/2012 - 23:23Con motivo da conmeración da Ciencia e Tecnoloxía en galego desde o departamento de Tecnoloxía, propoñemos ao alumnado de 4º buscar información e elaborar unha breve presentación sobre os homenaxeados desta edición, Leonardo da Vinci e Ramón Silvestre Verea. Algúns dos resultados do traballo os podemos ver nas seguintes ligazóns:
CIENCIA E TECNOLOXÍA EN GALEGO
Enviado por luz o Mér, 31/10/2012 - 00:20
O día 5 de novembro celébrase o III día da Ciencia e Tecnoloxía en galego. Este evento ten como principal obxectivo defender uso do galego nas áreas de Ciencias e de Tecnoloxías e está organizado polas asociacións:
IGACIENCIA Institución Galega da Ciencia |
AGAPEMA Asociación galega de profesores de educación matemática |
||
ENCIGA |
APETEGA Asociación de profesorado de Tecnoloxía de Galicia |
Este ano proponse a Tecnoloxía como temática anual, presentando as figuras de Ramón Verea (inventor galego dunha das primeiras calculadoras), e Leonardo da Vinci e a bicicleta como principais propostas de traballo. Baixo o lema "A Tecnoloxía fala galego" e recuperando outros como" A tecnoloxía é cultura" e "Tecnoloxía: evolución e cultura", salientase a importancia da formación tecnolóxica no sistema educativo, ante as novas propostas educativas. Preme para obter máis información: Apetega, PEAPT.
No IES de Brión participamos no III día da Ciencia e Tecnoloxía en galego con diferentes actividades:
- Participación na videoconferencia vía web que terá lugar o vindeiro martes 6 de novembro, organizada pola Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Linguïstica na que destacados investigadores en Física de Partículas formados en institutos galegos achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade, baixo o título título: "Facendo Física de Partículas polo mundo" polos relatores: Patricia Conde, investigadora no LIP de Lisboa, física do experimento ATLAS do CERN. Olalla Castro, profesora no City University en Londres, investiga en Teoría Cuántica de Campos. Abraham Gallas, investigador no CERN e na USC, físico do experimento LHCb do CERN. Carlos Salgado, investigador no CERN e na USC, investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo. Cibrán Santamarina, profesor da USC, traballa no experimento LHC do CERN.
- Mostra de bicicletas e slogans relacionados coa bicicleta como vehículo sostible.
- Recompilatorio de libros sobre a figura de Leonardo da Vinci.
- Recompilatorio de información na rede sobre Leonardo da Vinci.
- Exposición de traballos elaborados por alumnado de 4º sobre Leonardo da Vinci, Ramón Verea e a bicicleta.
- Análise da bicicleta como obxecto tecnolóxico.
CONTIDOS DAS MATERIAS
Enviado por luz o Mér, 20/06/2012 - 17:13Na seguinte ligazón podes atopar información sobre datos de emprego das profesións relacionadas coas Tecnoloxías, vinculación cos graos relacionados e parámentros de ponderación e contidos das materias do departamento de Tecnoloxía. |
O IES DE BRIÓN EN "TECNOLOXÍA NA RÚA"
Enviado por admin o Lun, 04/06/2012 - 08:20
Un ano máis o noso alumnado tivo a oportunidade de dar a coñecer algúns dos seus traballos na mostra "Tecnoloxía na rúa" celebrada o pasado venres 1 de xuño en Compostela.
Expuséronse traballos do alumnado de 1º e 2º PDC como as torres de Hanoi, grúas e un cabalo electromecánico, de 3º de ESO como os xogos eléctricos e o prototipo dunha lámpada cerámica de leds deseñada polo alumnado de 1º de bacharelato nas materias de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I.
Accede á seguinte ligazón para ver imaxes dos proxectos da mostra "Tecnoloxía na rúa"
O programa efervesciencia da Radio Galego adicou un espazo á mostra. Podes escoitar a información sobre o proxecto a partir do minuto 5 na seguinte ligazón:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »