Educación Física
DEPARTAMENTO DE ED. FÍSICA
Enviado por Anónimo o Xov, 26/04/2007 - 12:541. PROFESORADO
O departamento de Educación Física está formado polas profesoras:
- Xiana Guerra Arias. Xefa de departamento.
No curso 2024-25 imparte docencia de Educación Física en 4º ESO (grupos A, B e C) e 1° de Bacharelato (grupos A, B e C). Total de grupos 6. É titora de 4º de ESO grupo C.
- Carmen García Fernández.
- Jessica Blanco Antelo.
No curso 2024-25 imparte docencia de Educación Física en 1º ESO (grupos A, B, C e D), 2º ESO (grupo A non bilingüe) e 3º ESO (grupo A non bilingüe). Proxecto Competencial en 1º ESO (grupos A/B e D) e 2º ESO (grupos A/B e C/D). Total grupos de Educación Física: 6. Total grupos de Proxecto Competencial: 4. É titora de 1º ESO D.
2. MATERIAIS EN INTERNET DE INTERESE PARA ALUMNADO E COMUNIDADE EDUCATIVA
Premer nas imaxes para acceder.
ALIMÉNTATE BEN IES BRIÓN
DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA
CARMEN GARCÍA
VIAXE A LONDRES
3. PROGRAMACIÓNS CURSO 2024-25
KAYAK E MÁIS ACTIVIDADES NA ILLA DE AROUSA CON 1º ESO
Enviado por educfisica o Mar, 02/07/2024 - 13:04O xoves 20 de xuño, o alumnado de 1º da ESO foi de excursión de fin de curso, a Illa de Arousa.
A primeira parada foi no miradoiro Punta Quilma onde o alumnado tivo a sorte de ver arroaces que xogaban preto da costa e contemplar a paisaxe dende un dos bancos máis antigos da zona. Logo, continuaron cun pequeno roteiro ata o Muíño das Mareas de As Aceñas, onde o guía lles deu unha explicación sobre o seu funcionamento e a importante función que tiña na illa antigamente.
Posteriormente, volveron a Arousa Kayaks para prepararse e coller o material necesario para comezar a aventura en kayak e no barco-dragón, dirección ao Parque Natural de Carreirón. O vento dificultaba o avance, pero todos/as remaban con ganas para poder avanzar preto da costa e chegar a praia Rosa da Mosca.
Xa a mediodía, repuxeron forzas no Areoso Beach Club para logo de xantar ir a zona de xogos da praia do Vao onde se divertiron coas pas, cos frisbees, co tiro con arco ou co datchball.
Pasámolo moi ben. O próximo curso repetiremos!
Departamento de Educación Física
Preme na icona para ver máis fotografías
VISITA 2º ESO A CORRUBEDO, DOLMEN DE AXEITOS, CASTRO BAROÑA E PRAIA DA AGUIEIRA
Enviado por educfisica o Mér, 26/06/2024 - 18:40O pasado 21 de xuño, os estudantes de 2º ESO fixemos unha excursión pola zona do Porto do Son.
SWING DANCE IS COOL!
Enviado por educfisica o Mér, 26/06/2024 - 18:12O 14 de maio o alumnado de 3º de ESO, divididos en dous grupos, participamos nunha clase de swing dance.
O noso profesor, Carlos, primero fíxonos unha introdución. Contounos que o swing dance provén da década dos 90 (1920-1940) e a súa orixe é afroamericana.
Comezamos a clase camiñando arredor do pavillón e "sentindo a música". Logo tiñamos que, cada vez que faciamos contacto visual con alguén, sinalalo e dicir: "Yeah! Para sentirnos guay".
Entón o profesor comezou a ensinarnos algúns pasos (boogie forward, boogie back, boogie drop, knee slap, takei Annie, mambo step), para finalmente facer unha coreografía, como podedes ver no vídeo.
Paseino moi ben na clase e gustoume moito a coreografía e espero facer máis actividades coma esta.
Lucía Quintáns, 3º ESO A
Para ler o artigo completo en galego, preme na seguinte icona
Para ler o artigo en inglés, preme na seguinte icona
Podes ver as fotos do obradoiro de swing dance premendo na seguinte icona
BICIKLETEANDO: ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DA BICICLETA
Enviado por educfisica o Lun, 17/06/2024 - 17:10Outro ano máis conmemoramos o Día Mundial da Bicicleta no IES de Brión.
Nesta ocasión, o alumnado de 1º de ESO realizou xogos e circuítos polo patio do centro, para rematar facendo un roteiro pola contorna de Brión, actividade na que tamén participou o alumnado de 2º de ESO.
En palabras do propio alumnado:
"Durante estes días estivemos en clases de Educación Física facendo exercicios de manexo e circulación polas estradas no patio do IES, aprendendo as normas viarias.
Despois, o venres 31 de maio, fixemos un roteiro en bicicleta por Brión, xunto co alumnado de 2ª de ESO.
Na nosa opinión persoal, o noso exercicio favorito foi no que simulamos unha estrada con conos, sinais e rotondas polo instituto.
Foi unha actividade moi entretida a cal sen dúbida repetiríamos".
Lois Rojas e Diego Amandi, 1º ESO D
Preme na icona para ver fotografías das actividades
SAÍDA 3º ESO A CORRUBEDO, DOLMEN AXEITOS, CASTRO BAROÑA E PRAIA AGUIEIRA
Enviado por educfisica o Lun, 03/06/2024 - 19:14O venres 24 de maio pasamos unha mañá e tarde moi entretidas: estivemos de roteiro, coñecemos sitios novos, fomos á praia...
A nosa primeira parada foi en Corrubedo, onde visitamos o faro, as Dunas e a praia que está xusto á beira. Fomos por un camiño de madeira, para protexer as especies que viven na duna. Alí explicáronnos como se crearon as dunas e por que están protexidas.
De aí fomos á praia que está á beira das dunas.
Despois de gozar das vistas da praia, fomos ao dolmen de Axeitos, un antigo monumento megalítico. Aínda que a visita foi breve, o dolmen impresionounos. O profesorado explicóunos por que se construían os dolmens e cal era o seu significado.
Despois dunha pausa, fomos ao Castro de Baroña, un antigo asentamento celta situado nunha gran zona rochosa con vistas ao mar. A vista dende o castro era espectacular, co mar rompendo contra as rochas.
Despois de explorar o castro, puxemos rumbo á praia da Aguieira. Alí comimos no piñeiral, á beira da praia, e despois chegou o momento máis desexado, ir á praia. Non todo o mundo se bañou, pero foi un momento moi divertido con amigos e amigas.
Aínda que o intre na praia fíxosenos curto, había que regresar a Brión.
Estamos agardando ter outra excursión e poder pasar outro día así.
Candela Pérez Iglesias, 3º ESO C
Preme na icona para ver máis fotos
CIRCUÍTO DE ORIENTACIÓN POR PADRÓN E RAFTING NO RÍO ULLA
Enviado por educfisica o Lun, 06/05/2024 - 17:41Este último martes 30 de abril, o alumnado de 1º de bacharelato puidemos desfrutar dun día por Padrón e no Río Ulla, organizado polo departamento de Educación Física xunto a empresa Arrepións.
Comezamos a mañá facendo un xogo de pistas pola vila de Padrón grazas ao cal, pese a algunha que outra chuvieira, aprendimos un pouco da historia do lugar.
Despois diso, puxemos rumbo cara a área de recreo O Xirimbao, onde nos distribuímos por grupos para montar nas balsas cos monitores e lanzarnos ao río Ulla para facer rafting.
Había moitas correntes e rápidos, que facían o traxecto moi divertido. Ademais, os monitores deixáronos tirar á auga nalgún tramo do río e incluso deixarnos levar pola corrente.
Tivemos sorte e non choveu case nada o resto do día, sendo unha experiencia diferente e entretida que, sen dúbida, repetiríamos.
Ángela Amandi, Martín Faraldo, Aixira Pampín e Marta Míguez, 1º BACH
Preme na seguinte icona para ver todas as fotos
ALIMÉNTATE BEN: CUARTO LIBRO DE RECEITAS SAUDABLES DO IES DE BRIÓN
Enviado por educfisica o Ven, 01/03/2024 - 13:58Outro ano máis, o IES de Brión publica o cuarto volume do Libro de receitas saudables.
Accedendo ao libro poderedes ver unha escolma de receitas, vídeos e menús saudables e saborosos, deseñados e creados polo alumnado de 1º de Bacharelato do curso 2022-23.
Isto é o que nos din Maura Garea e Pablo Docasar, do traballo desenvolvido para facer este Libro de receitas saudables:
"Para fomentar unha alimentación saudable e variada elaborouse un libro de receitas onde se recollen menús propostos polo alumnado inspirados polo prato de Harvard.
Para isto constituíronse parellas ou grupos de traballo para realizar un menú ao seu gusto, que cumprise as premisas establecidas para obter o máximo aporte nutricional do alimento, e así conformar o libro de receitas.
A receita que realizamos nós foi unha tortilla francesa con queixo e cenoria, acompañada dunhas noces e tomate natural, un prato creativo que nos pareceu interesante e ademais nos aportaba todo o que precisabamos.
Así aprendimos que comer san non requería moito esforzo nin tempo, e o noso corpo agradeceránolo.
Facer este traballo resultounos moi entretido e educativo, e desfrutamos cociñando e comendo!
Animámosvos a levar a cabo algunha destas receitas!"
Premendo na portada do libro ou no arquivo adxunto, pódese ver ou descargar o libro.
No libro, premendo na icona de vídeos de youtube, accédese a cada receita.
No libro, premendo na icona de menú, accédese ao menú saudable completo.
- Para ver o Volume I do libro de receitas saudables, premer na seguinte icona:
- Para ver o Volume II do libro de receitas saudables, premer na seguinte icona:
- Para ver o Volume III do libro de receitas saudables, premer na seguinte icona:
Parabéns ao alumnado de 1º de Bacharelato polo traballo realizado!
COME BEN E SAUDABLEMENTE!
FELIZ ANINOVO 2024! HAPPY NEW YEAR 2024!
Enviado por educfisica o Mar, 02/01/2024 - 18:18O alumnado da Sección Bilingüe de Educación Física de 2º de ESO deséxavos un moi Feliz Aninovo 2024!
Our best wishes for the New Year 2024!