SAÍDA 3º ESO A CORRUBEDO, DOLMEN AXEITOS, CASTRO BAROÑA E PRAIA AGUIEIRA
O venres 24 de maio pasamos unha mañá e tarde moi entretidas: estivemos de roteiro, coñecemos sitios novos, fomos á praia...
A nosa primeira parada foi en Corrubedo, onde visitamos o faro, as Dunas e a praia que está xusto á beira. Fomos por un camiño de madeira, para protexer as especies que viven na duna. Alí explicáronnos como se crearon as dunas e por que están protexidas.
De aí fomos á praia que está á beira das dunas.
Despois de gozar das vistas da praia, fomos ao dolmen de Axeitos, un antigo monumento megalítico. Aínda que a visita foi breve, o dolmen impresionounos. O profesorado explicóunos por que se construían os dolmens e cal era o seu significado.
Despois dunha pausa, fomos ao Castro de Baroña, un antigo asentamento celta situado nunha gran zona rochosa con vistas ao mar. A vista dende o castro era espectacular, co mar rompendo contra as rochas.
Despois de explorar o castro, puxemos rumbo á praia da Aguieira. Alí comimos no piñeiral, á beira da praia, e despois chegou o momento máis desexado, ir á praia. Non todo o mundo se bañou, pero foi un momento moi divertido con amigos e amigas.
Aínda que o intre na praia fíxosenos curto, había que regresar a Brión.
Estamos agardando ter outra excursión e poder pasar outro día así.
Candela Pérez Iglesias, 3º ESO C
Preme na icona para ver máis fotos