Educación Física

LOGOTIPO BICIKLETEANDO

Grazas ó Departamento de Educación Plástica e Visual polo esforzo realizado, e sobre todo polo AGARIMO posto no traballo ben feito!!!

SHOW ROOM: CAMBIANDO RODAS!!!!

Algunha vez pinchaches unha roda e non sabías como arranxala? Aquí tedes algúns titoriais feitos por alumn@sde 4º da ESO. AUTÉNTICAS MECÁNICOS!!!!!

Coñecendo a Ezequiel Mosquera.

O 11 de maio Ezequiel Mosquera (Teo) compartiu cos alumn@s de 1º ESO as súas primeiras vivencias cunha bicicleta: cal foi a súa primeira bicicleta, como conseguiu os cartos para poder comprala, que lle aportaba ter unha bicicleta nos seus tempos... ata convertirse no seu sustento e modo de vida.

Grazas Ezequiel por acompañarnos nesta mañá e transmitirnos o teu entusiasmo. Ahhh e perdoa por meterte en algún que outro lío!!!

Día Internacional da Bicicleta

Día Internacional da Bicicleta: 3 xuño!!!!

"En bici á escola": "Bicikleteando"

Este curso académico o IES de Brión participa no proxecto "En bici á escola": "Bicikleteando".

Nel, levamos a cabo varias actividades relacionadas co mundo da bicicleta e a mobilidade sostible.

Os días 19 e 20 de maio, os alumn@s de 1º ESO (un total de 86 alumnos) disfrutaron dunha xornada na que a bicicleta foi a nosa protagonista.

ACTIVIDADES NAS FRAGAS DO EUME, ALVARELLA, PONTEDEUME E RÍA DE ARES


O pasado xoves 28 e venres 29 de abril, o alumnado de 3º de ESO desfrutamos dunha estancia de dous días moi intensos en Alvarella, na contorna de Pontedeume, organizada por Educación Física.

O xoves, despois da chegada a Alvarella, puxemos rumbo cara ás Fragas do Eume para realizar unha andaina.

No roteiro, reflexionamos sobre a importancia da natureza e o coidado que hai que ter sobre ela, da man de monitores de Alvarella.

Durante o percorrido, visitamos o Mosteiro de Caaveiro e logo xantamos no antigo recinto dos muíños, perto do río, que estaba invadido pola vexetación.

De volta a Alvarella, e despois de acomodarnos nas nosas habitacións, fixemos dúas actividades: tiro con arco e orientación no bosque, para aprender a manexar o compás.

Pola noite, tivemos unha velada nocturna, onde fixemos o xogo "atrapa a bandeira". Tanto gostamos del, que o repetimos varias veces...non tiñamos sono nin cansanzo!

Ao día seguinte, fixemos por grupos unha actividade de orientación con mapa e compás polos arredores do aloxamento. TIñamos que ir atopando distintos lugares marcados no mapa e realizar as probas indicadas en cada sitio. Gañaba o equipo que máis lugares e probas realizara. Esta actividade levóunos toda a mañá.

Despois de xantar, despedímonos de Alvarella e puxemos rumbo a Pontedeume. Alí, dividímonos en dous grupos e fixemos canoa na ría de Ares, guiados polo clube Firrete, e o xogo das descubertas en Pontedeume, para coñecer máis aspectos da cultura e historia desta bonita vila.

Coa chegada ao instituto, xa case á noitiña, rematamos a excursión, con moito cansanzo pero tamén con moita pena e que esta viaxe acabara.

Xa estamos preparadas e preparados para a seguinte!

Flavia Maceiras e Silvia Rabuñal, 3º ESO B

Para ver o arquivo de fotografías, preme aquí.

PROXECTO EN "BICI" Á ESCOLA: BICIKLETEANDO

Déixovos aquí un pequeno resumo da sesión de Educación Física de habilidades sobre rodas! Disfrutádeo!!!

Addenda á Programación 2021-22 do Departamento de Educación Física

Co gallo de adaptar a Programación do curso 2021-22 á Orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro de 2022) pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, o Departamento de Educación Física fai pública a seguinte Addenda á Programación.

Preme no arquivo adxunto para ver a Addenda.

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!

Ola a todas e todos!

Este ano non foi moi corrente, por iso desexámosvos que, como un novo ano está á volta da esquina, podades dispoñer da mellor das saúdes, pasalo o mellor posible e ser responsables, polo ben común, e que, así, non nos toque vivir un ano coma este.

Aproveitade estas datas para desfrutar das vosas amizades e familiares, descansar e celebrar estas festas.

Bo Nadal, e que este ano 2022 vos sexa xenial!

Zoe de Rojas e Ángela Zas, 2º ESO D

CIRCUITO DE PISTAS PARA DESPEDIR O TRiMESTRE

Este luns 20 de decembro o alumnado de 1º de Bacharelato realizamos unha actividade en grupos que nos fixo percorrer todo Brión, examinando tanto a nosa capacidade física como a nosa memoria.

Consistía en facer unha ruta atopando códigos QR, os cales ao ser escaneados revelaban as coordenadas do seguinte código e así sucesivamente ata volver ao instituto. Máis iso non era todo. Os códigos tamén traían preguntas sobre bádminton e voleibol (os dous deportes que practicamos durante o trimestre) e preguntas de todo tipo sobre o que se atopaba ao noso arredor. Por exemplo, nalgúns dos dez códigos da andaina preguntábanse cousas moi variadas dende ¨cantos sets ten un partido de bádminton en dobres?¨ ata ¨que se tira en cada contedor?¨. Empregamos a aplicación de wikiloc para gravar o noso percorrido e sacar fotos de cada lugar onde parábamos.

Pese as lixeiramente adversas condicións meteorolóxicas, todo o alumnado pasou un rato moi agradable percorrendo a nosa vila. A maioría acabamos bastante cansados despois das aproximadamente dúas horas de ruta, mais por sorte tiñamos unha peza de froita esperándonos cando volvéramos ao centro, para repoñer enerxías. Persoalmente, penso que este tipo de actividades logran combinar dunha forma moi efectiva o exercicio físico e a aprendizaxe, ademais de ser divertidas para nós. Diferenciouse do que adoitamos entender por unha clase de educación física, mais foi sen ningunha dúbida unha das mellores.

Martina Sambade Formoso 1º Bacharelato A

Distribuir contido