Educación Física
Vídeo da viaxe a Londres 2019
Enviado por carmengf o Mér, 03/07/2019 - 01:46E, finalmente, este é o vídeo da nosa viaxe.
Aquí podedes ver un pedaciño de todo o que estivemos facendo, o que visitamos e o día a día en Londres.
Agardamos que sexades capaces de ver o noso esforzo e entusiamo plasmado en cada plano e imaxe, e que desfrutedes véndoo tanto coma o fixemos nós.
The recording group (Sandra Molinos, Daniel Blanco, Lorena Diéguez, 3º ESO)
Roteiro 2º de ESO
Enviado por carmengf o Mar, 02/07/2019 - 17:19O Seminario de Educación Física organizou o pasado xoves 16 de maio dende ás 8.25h. ata ás 17.00h. un roteiro para o alumnado de 2º de ESO.
A nosa andaina comezou nas Dunas de Corrubedo e na praia Ladeira. Despois visitamos o Dolmen de Axeitos e Castro Baroña. Rematamos na praia da Aguieira, onde xantamos e tivemos ocasión de xogar ou pasear. Facía bastante vento e mesmo choveu un pouquiño, pero aprendimos moito e pasámolo moi ben.
Rafting no río Ulla
Enviado por carmengf o Mar, 14/05/2019 - 17:47O pasado xoves 9 de maio, o alumnado de 1º de bacharelato acompañados pola profesora Carmen García e o profesor Carlos Freiría, puidemos desfrutar dunha xornada de rafting no río Ulla.
Aínda que o tempo non acompañaba, a actividade puido desenvolverse con normalidade e todos pasamos un bo rato. O descenso polo río durou aproximadamente hora e media na que fixemos distintos xogos como baixar por un rápido a nado ou saltar desde una gran pedra.
Foi un día xenial!
Tania García e Antía Cunqueiro, 1º Bacharelato A
NOTA: Podedes ver todas as fotos premendo aquí.
Blog trip to London
Enviado por carmengf o Mar, 14/05/2019 - 17:27Se queres seguir as viaxes a Londres do alumnado das Seccións Bilingües (en inglés) de Educación Física, bótalle unha ollada ao blog da viaxe, premendo na imaxe.
Basic rules to play singles badminton/ Regras básicas para o bádminton individuais.
Enviado por carmengf o Lun, 15/11/2010 - 20:11Have a look at the attached file to know the basic rules to play singles badminton.
You can find the scorecard in the second attached file.
Don´t forget that you can find more details about this sport on the Internet. For example,
Merry Christmas and Happy New Year
Enviado por carmengf o Dom, 20/12/2009 - 19:14
I wish you a Merry Christmas and a Happy New Year!
How to play rounders/Xogamos a rounders
Enviado por carmengf o Mar, 08/12/2009 - 23:17O alumnado de 2º A, 2º B, 3º A e 3º C da Seccion Bilingüe en inglés de Educación Física participará na actividade "How to play rounders" no Pavillón Municipal de Brión en horario de 9.15 a 12.05 o luns, 21 de decembro.
Contaremos coa colaboración de Molly Carr procedente dos EE.UU. e que está vivindo en Santiago de Compostela durante este curso académico 2009-2010.
Ver detalles no arquivo adxunto.
How to play floorball
Enviado por carmengf o Mar, 08/12/2009 - 21:52
You can find in the attached file some basic rules to know how to play floorball.
After reading these rules, please fill the following questionnaire.
PEC: contribución do Seminario de Educación Física
Enviado por carmengf o Ven, 04/12/2009 - 13:13O Seminario de Educación Física propoñemos colaborar na elaboración do PEC no apartado 2.6 Educación en valores.
Ana Cadenas e Carmen García
Tag rugby
Enviado por carmengf o Xov, 19/11/2009 - 16:23Please, have a look at these files to know more about how to play tag rugby.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »